Homesociedade121.000€ para un novo vehículo eléctrico de recollida do servizo da fracción...

121.000€ para un novo vehículo eléctrico de recollida do servizo da fracción orgánica no Concello de Chantada

O Concello de Chantada dispón desde esta semana dun novo vehículo para a recollida de residuos. Trátase dun camión eléctrico, non contaminante, para a recollida de servizo da fracción orgánica

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este novo vehiculo supuxo un investimento de 121.000€, aportando a Xunta de Galicia 90.000€, polo que o Concello mellora substancialmente o servizo ao contar cun vehículo propio ao que se destinan 30.000€ de cartos municipais.

Para esta adquisición o Concello de Chantada solicitou unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda, a través dunha liña de axudas para implementar a recollida separada de biorresiduos, así como a compostaxe in situ. Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea, nextgenerationeu.

Vehículo eléctrico fracción orgánica / Concello de Chantada

Esta axuda comprende dúas anualidades, de modo que o primeiro investimento foi de 12.000€ que se destinaron á adquisición de contedores e bolsas para facilitar a reciclaxe nos establecementos de gran volume de residuos. O maior investimento faise este ano coa adquisición deste camión.

“Este ano comezamos cos contedores marróns para os residuos de orgánica que non se poden mesturar cos outros. Esta recollida faise no casco urbano entre 1 e 3 veces por semana, dependendo do volume. Con este novo camión de propiedade municipal melloramos a nosa autonomía para o tratamento destes residuos e ofrecemos un mellor servizo ao tempo que reducimos a pegada de carbono por tratarse dun vehículo eléctrico non contaminante”, explica o rexedor local, Manuel Lorenzo Varela.

Vehículo eléctrico fracción orgánica / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’,...

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...