HomeMedio ambiente e PatrimonioChandrexa de Queixa, concello anfitrión da sesión plenaria do Consorcio de Turismo...

Chandrexa de Queixa, concello anfitrión da sesión plenaria do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Tivo lugar o pasado 19 de decembro e nela déronse conta, entre outros temas, do orzamento, de varios contratos e de subvencións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado xoves, ás 13:00 h. tivo lugar a derradeira sesión plenaria do 2024 do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra no Concello de Chandrexa de Queixa, seguindo así a rolda polos concellos que veñen de incorporarse á entidade.

O Alcalde foi o encargado de aperturar a sesión agradecendo a ampla presenza dos concellos e facendo fincapé no importante que é para un concello pequeno coma o seu pertencer á Ribeira Sacra e acoller este tipo de xuntanzas.

Entre os asuntos a tratar que se levaban na orde do día e que requirían de votación foron:

-A aprobación do orzamento propio para o exercicio 2025 que ascende a 220.400 € (achegas concellos e entidades; convenio Deputacións de Lugo e Ourense; Convenio xeodestino Axencia Turismo de Galicia). A esa contía hai que engadir o que resta de execución do Plan de Sostibilidade 2020-2025 e o novo Plan de Sostibilidade 2024-2026 que dará comezo en xaneiro e que achega 2 millóns de euros distribuidos en 4 eixos.

-A aprobación de tres contratos que corresponden ao Consello Reitor ao superar o 10% dos recursos ordinarios da entidade: Acondicionamento de rúa en Quinta do Monte – PR-G 4 Camiño Real en Esgos, a contratación de dous técnicos en turismo 2024-2026 ao amparo do Plan de Sostibilidade Turística na Ribeira Sacra e o Proxecto piloto de sinalización intelixente en Ribeira Sacra.

Pleno do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra (decembro 2024). Foto: CTRS.

Por outra banda tamén se deu conta do chamado “Proxecto piloto apertura románico“, informando das xestións que se están a facer co Bispado de Lugo para mellorar  accesibilidade ás igrexas románicas da parte lucense. A idea é iniciar un proxecto piloto de apertura para o que se están definindo as condicións dun convenio de colaboración. E tamén se explicou que o organismo concorre á subvención “Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial” co proxecto “Estratos na terra”. Con el pretenden contribuír á valoración e uso das técnicas de construción tradicionais da Ribeira Sacra. Proponse usar unha metodoloxía baseada na recollida e rexistro da transmisión oral, facer unha cartografía social da materialidade dos oficios tradicionais e poñer en común o uso destas técnicas na actualidade.

O Presidente, Luis Guitián, tamén informou de que o Consorcio vén de ser nominado aos Premios Mencey Futurista de Honor 2025 na categoría Premio Destino Rural Emblemático de España polo Foro para Empresarios y Profesionales del Turismo de España. Coñeceremos o veredicto na próxima edición de FITUR.

A sesión rematou cun xantar e brindes de Nadal con todos os membros do Consorcio presentes no encontro.

ÚLTIMAS

Galegoza no IES de Quiroga

A deputada de Cultura, Iria Castro, o concelleiro de Servizos sociais, Participación e Dinamización...

“Patitas y Punteras” da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da Xunta en Lugo

Este 17 de decembro ás 19:00h inaugúrase na Sala de Exposicións da Delegación Territorial...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións...

“Cando vin que non podía seguir, decidín avisar a toda a familia”, Edu Iglesias, motorista no Dakar

O motorista monfortino Eduardo Iglesias suma unha nova experiencia na súa sexta participación na...