HomePolíticaParalízanse as prospeccións mineiras en Montefurado, o BNG congratúlase e reclama da...

Paralízanse as prospeccións mineiras en Montefurado, o BNG congratúlase e reclama da Xunta vixilancia

O BNG congratúlase da decisión do Goberno da Xunta de paralizar as obras para unha canteira de lousa na parroquia de Montefurado, no Concello de Quiroga, se ben reclama a Administración que a partir de agora estea vixiante ante os novos pasos que pode dar a empresa para reactivar a súa actividade na zona, o que suporía de novo unha ameaza para o túnel romano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nunha resposta escrita ao BNG, que xa alertou hai meses no Parlamento galego do reinicio das obras para a mina e do perigo que supuña esta canteira de lousa para o patrimonio da Ribeira Sacra, a directora xeral de Relacións Institucionais, Sandra Vázquez, confirmou que os servizos de inspección constataron que na zona se estaban a realizar sondaxes de testificación, traballos para os que a empresa non contaba con autorización.

Tras a denuncia do Bloque, que levou ao Parlamento o deputado da comarca, Iago Suárez, a responsable de Relacións Institucionais informa ademais que “neste momento se está pendente de proposta de incoación dun expediente sancionador” á empresa. Unha decisión que responde á reclamación feita por Suárez nunha iniciativa rexistrada en setembro, na que instaba ao Goberno do PP a paralizar as obras retomadas tras anos de parálise e das queixas e alegacións por parte da veciñanza da parroquia de Montefurado e do Concello de Quiroga, do que forma parte o BNG.

“Aínda que a Xunta tardou moitísimo en dar resposta, dende o BNG consideramos unha boa noticia a paralización dos traballos para as prospeccións mineiras na zona do túnel de Montefurado, unha das grandes xoias da coroa da Ribeira Sacra e aínda hoxe unha das maiores obras de enxeñaría de Galiza”, asegurou Iago Suárez.

Porén, o deputado nacionalista fixo un chamamento ao Goberno do PP a estar máis vixiante que até o de agora, pois “non confiamos en que isto quede así durante moito tempo”, agregou, para expresar a continuación a sospeita de que a empresa intente retomar a actividade “por outros medios”.

No mesmo sentido pronunciouse o portavoz do BNG de Quiroga e tenente de alcalde no Concello, Xosé Manuel Fernández, quen subliñou que é grazas as xestións feitas pola formación nacionalista que a veciñanza ten agora unha información máis clara do que está a acontecer coa canteira. “A falta de información estaba causando unha gran preocupación na contorna, pois non sabiamos se os traballos que se estaban a facer correspondían á investigación, a  exploración ou eran a o comezo dunha canteira”, explicou.

“Mantémonos expectantes do que poda acontecer no futuro, sempre tendo claro que o proxecto desta mina afecta negativamente á contorna e ao valor patrimonial e cultural que representa Montefurado”, agregou, lembrando que por alí pasa o Camiño de Inverno e que a canteira afectaría ademais negativamente os núcleos de poboación situados ao seu arredor, como son Os Anguieiros, os Covallos, Sexmil, Vilanuide e Enciñeira

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...