HomeMedio ambiente e Patrimonio'Aradelas', a sima máis fonda de Galicia e nova xoia do Xeoparque...

‘Aradelas’, a sima máis fonda de Galicia e nova xoia do Xeoparque Montañas do Courel

O espeleólogo Daniel Ballesteros conta ao Galicia Confidencial como un equipo formado por uns 40 espeleólogos foi quen de descubrir en tan só 6 meses máis de 2 quilómetros dunha cova da que só se coñecían 300 metros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con 150 metros de caída, o acceso á mesma está reservado unicamente a profesionais da espeleoloxía. Ballesteros conta que as exploracións deste grupo de 40 espeleólogos de Galicia e algúns de Asturias, pertencentes a un total de 10 clubes de espeleoloxía galegos e 2 asturianos, tiveron lugar entre xaneiro e xuño do pasado ano 2024. “Comezamos cunha pequena escaladiña nunha sala da cova e, de súpeto, atopámonos ante un feixe de novas galerías, pozos, salas, lagos, ríos… Foi un gran descubrimento que fixemos en tan só 6 meses“, lembra. E é que en Galicia non é tan habitual atopar tantos espazos novos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra pecha outubro cun 59,78 % de ocupación, superando o 89 % na ponte do Pilar

Os datos recollidos entre os establecementos turísticos do territorio reflicten unha evolución positiva da...

Córtase ao tráfico a estrada provincial entre San Clodio e Alto da Cruz polas obras de rehabilitación que comezaron este 26 de novembro

A actuación, cun investimento de 136.000€, abrangue o tramo comprendido entre os puntos quilométricos...

“A cámara escura” este 26 de novembro no Multiusos de Monforte

O Edificio Multiusos de Monforte acolle este xoves, 23 de novembro, ás 20:15 horas,...

Xa é Nadal no CC Ponte Vella de Ourense

Ponte Vella deulleo pasado venres 20 de novembro a benvida ao Nadal co acendido...