HomeMedio ambiente e PatrimonioA Confederación Miño-Sil recorre unha sanción da Xunta pola morte de 40...

A Confederación Miño-Sil recorre unha sanción da Xunta pola morte de 40 peixes en Monforte

Segundo trasladou a Confederación, os feitos producíronse durante a segunda quincena de agosto de 2022, cando se rexistraron temperaturas superiores aos 40 º.

Publicado o

- Advertisement -

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) comunicou que recibiu da xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente unha resolución pola que se impón 6.000 euros de multa e 661,36 de indemnización polo incumprimento das condicións da autorización de 2 de xullo de 2021, para o proxecto de actuacións ambientais e recuperación da conectividade longitudinal do río Cabe na Pinguela, en Monforte de Lemos, que provocaron a mortalidade de 40 troitas. Segundo trasladou a Confederación, os feitos producíronse durante a segunda quincena de agosto de 2022, cando se rexistraron temperaturas superiores aos 40 º.

Así, a entidade explicou que o proxecto incluía demoler a presa da Pinguela, para o que foi necesario desviar e canalizar o caudal do río Cabe, mediante tubos de gran tamaño. Nunha nota de prensa, a Confederación detallou que un axente ambiental da Xunta estivo presente e supervisou e aprobou as actuacións que incluían un caudal de refresco desde a represa no río, prevista para desviar o caudal polas canalizacións, tratando de evitar problemas na fauna piscícola. “Durante os traballos apareceron peixes mortos e avisouse inmediatamente á Xunta para poder tomar as medidas necesarias e evacuar á totalidade dos exemplares que permanecían nas charcas”, manifestou o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga.

Agora, denunciou que a Xunta lles impón unha sanción de 6.000 euros de multa e 661 euros de indemnización por incumprimento da autorización para as obras do proxecto, “sen indicar a causa do incumprimento, baseada na aparición de peixes mortos, sen ter en conta as medidas adoptadas, nin as temperaturas extremas deses días”. “A denuncia alude á mortalidade de 40 troitas aproximadamente, sen especificar se foi provocado pola turbidez das augas, a falta de osíxeno, etc., por iso solicitouse aclaración a través dunha proba testifical, que a Xunta denegou”, asegurou Quiroga.

Ademais, o presidente da Confederación destacou que os traballos para a retirada dos peixes levaron a cabo baixo a supervisión dos axentes ambientais e a dirección facultativa das obras. “Desde a CHMS e co interese de actuar de acordo cos informes dispoñibles, interporase o correspondente Recurso Contencioso Administrativo, que esperamos se resolva de forma favorable para este Organismo”, concluíu Quiroga.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...