HomeMedio ambiente e PatrimonioEste 13 de setembro visita comentada ao xacemento de Penas do Castelo...

Este 13 de setembro visita comentada ao xacemento de Penas do Castelo na Pobra do Brollón

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ofrece este sábado, día 13, unha visita comentada ao xacemento de Penas do Castelo, na Pobra do Brollón, que partirá ás 11:00 horas diante do local multiusos de Salcedo; a participación é gratuíta e non require inscrición previa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os arqueólogos informarán sobre os achados e as conclusións extraídas nas cinco campañas arqueolóxicas levadas a cabo desde o ano 2021, a última este mesmo verán, que modificaron completamente a visión que se tiña sobre este lugar, considerado tradicionalmente de época medieval e que en realidade estivo ocupado desde o século IX antes de Cristo. A Xunta leva investidos máis de 86.000 euros nestas actuacións.

Os traballos das últimas semanas centráronse na restauración e acondicionamento da muralla do xacemento para reforzar a súa estabilidade e facilitar a súa comprensión. Ademais, a sondaxe realizada no interior permitiu recuperar un cento de pezas, maioritariamente fragmentos cerámicos e restos de pallabarro. Estes materiais reforzan a hipótese de que o asentamento contou con estruturas destinadas ao almacenamento de alimentos e posiblemente tamén a actividades metalúrxicas.

Os resultados desta campaña confirman unha vez máis a relevancia histórica de Penas do Castelo, habitado durante a Idade do Ferro e que presenta unhas magníficas defensas. A muralla que defendía o lugar destaca pola súa monumentalidade, cunha anchura duns 6 metros e unha altura conservada duns 4 metros, construída coa técnica da “pedra seca”, sen ningún tipo de argamasa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...