HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada, 8 anos revalidando as 4 Flores de Honra de "Vilas en...

Chantada, 8 anos revalidando as 4 Flores de Honra de “Vilas en Flor”

O movemento Vilas en Flor, que se implanta en Galicia no 2018 promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres en Carballo, a entrega destes galardóns que recoñecen as boas prácticas ambientais nos municipios de menos de 40.000 habitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Recoñécese a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. Nesta edición participaron 41 municipios e o Concello de Chantada volveu a ser dos máis premiados ao obter unha nova puntación de 4 Flores de Honra, 8 recoñecementos desde o comezo do movemento.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que acudiu acompañado por unha representación da Área de Parques e Xardíns, co concelleiro, Diego Otero e Modesto Varela encargado do equipo de Xardinaría; recolleu a distinción de mans da Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. Comparten o máximo galardón con Chantada, os concellos de Tomiño, Allariz, Carballo e Salceda de Caselas.

No recoñecemento de Chantada, o xurado destacou a recuperación de espazos como a nova zona verde no barrio de Marín, adquirindo novas parcelas para a súa execución, ou actuacións no centro da vila coa creación de espazos verdes nas rúas Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal ou a mellora da zona da Lama das Quendas coa humanización da praza Luis García Arias, entre outras.

Segundo explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, valorouse tamén, “a aposta do concello pola recuperación de espazos na vila, as composicións das xardineiras con flores de tempada e especies máis duradeiras, que varían dunhas rúas a outras, a conservación de carballeiras como a do San Lucas ou os traballos de replantación que se fan no Paseo Fluvial”.

Vilas en Flor 2025 / Concello de Chantada

Desde o Concello aseguran estar moi satifeitos de revalidar por oitavo ano este galardón e traballan para facer extensible a todas as áreas verdes do municipio este tipo de melloras medio ambientais, “Moi satisfeitos ao destacar que é unha aposta deste goberno por manter as zonas verdes e crear espazos máis agradables. É un aliciente para amplialo a todo o concello e non só a vila. Agradecer o bo facer do equipo de Parques e Xardíns do Concello que son os que día a día se encargan destas tarefas de embelecemento”, conclúe o rexedor.

Vilas en Flor busca o recoñecemento do intenso labor que desenvolven os municipios de menos de 40.000 habitantes todo o ano para poñer en valor o medio ambiente, protexer e mellorar a súa infraestrutura verde, rural e urbana, para contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a súa saúde e promover sinerxias con outras actividades económicas coma o turismo

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...