HomeMedio ambiente e Patrimonio"Salvamos o Malecón" solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio...

“Salvamos o Malecón” solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio no proxecto da nova ponte en Monforte

A plataforma cidadá vén de presentar ante a Xunta un escrito de impugnación da Resolución SPR-2025-0485 por "vicios de nulidade" e ocultación de datos críticos. A plataforma advirte que "a base legal do proxecto é nula", mentres o goberno local xa anunciou cambios na ordenanza de tráfico tendo en conta a nova ponte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A plataforma presentaba a mediados desta semana ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural unha solicitude de Revisión de Oficio e a Suspensión Cautelar de calquera obra no ámbito do Malecón e Santa Clara. Esta acción administrativa aseguran que se fundamenta “en graves irregularidades detectadas no expediente autorizado en agosto de 2025”.

A plataforma Salvemos o Malecón denuncia que a autorización de Patrimonio obtívose ocultando información técnica esencial. Apuntan que segundo os datos do propio Estudo de Mobilidade 2023 do Concello —documento que non foi avaliado pola Xunta en agosto—, a rede viaria actual a través da variante LU-664 xa é un 20% máis rápida que o paso polo centro. “Non existe unha necesidade técnica que xustifique sacrificar o Malecón cando xa temos unha alternativa máis eficiente que non agrede o noso patrimonio”, afirman.

A plataforma refíerese no seu escrito de impugnación a dous erros fundamentais que invalidan o permiso:

  1. Erro de localización histórica: O Concello xustificou o deseño como un “exercicio de memoria” dunha ponte de 1904, afirmando falsamente que se sitúa na mesma sección. A cartografía histórica proba que aquela ponte estaba na actual “Ponte Nova”, o que supón un erro de feito determinante que vulnera a Lei 5/2016 e o PEPCHA.
  2. Impacto físico enganoso: Mentres Patrimonio autorizou unha elevación que cualificou como “xa existente”, o proxecto real e a súa Adenda de decembro de 2025 describen un viaduto de formigón con ramplas de ata 53 metros de longo e muros de 3,30 metros de altura. Esta “modificación substancial” nunca foi avaliada nin autorizada por Patrimonio, o que fai que calquera inicio de obras sexa ilegal baixo o Artigo 130 da Lei 5/2016.

Salvemos o Manlecón engade que a ocupación permanente dun territorio histórico como o Camiño de Inverno esixe “acreditar a inviabilidade doutras alternativas, algo que o Concello non fixo. O alcalde non pode saltarse as leis de protección do patrimonio cultural de Galicia. Seguiremos defendendo a integridade do Malecón en todas as instancias necesarias”.

    ÚLTIMAS

    A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

    O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

    Obradoiro contra a desinformación en Taboada

    Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

    En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

    Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

    O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

    Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...