HomeMedio ambiente e PatrimonioAbre ao público o viveiro Os Trollos de Bóveda

Abre ao público o viveiro Os Trollos de Bóveda

O Viveiro Os Trollos do Concello de Bóveda vén de abrir as súas portas ao público tanto para as visitas por libre, como para as visitas guiadas. O horario de apertura para as visitas sen guía será de 10:00 a 20:00 horas todos os días da semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas que desexen concertar unha visita guiada terán que chamar, de xeito provisional, ao número do viveiro (982 29 44 04) para concertar cita. A Consellería do Medio Rural porá a disposición unha web nos vindeiros días para poder realizar este trámite.

O horario para as visitas guiadas de mañá será de 10:15 a 11:45 horas e de 12:00 a 13:45 horas. Pola tarde de 17:00 a 18:30 horas e de 18:30 horas a 20:00 horas. Estes horarios estarán vixentes ata o 22 de outubro.

Elixindo calquera das visitas pódese percorrer a nova senda interpretativa que conta con pezas realizadas en madeira, que representan a fauna da contorna e facilitan unha observación do hábitat formado polas distintas especies forestais do viveiro.

Viveiro Os Trollos / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...