HomeMedio ambiente e PatrimonioTaboada celebra o 7 de setembro pola noite a Queima das Fachas...

Taboada celebra o 7 de setembro pola noite a Queima das Fachas de Castelo

A queima das Fachas, festa declarada de Interese Turístico de Galicia en outubro do 2008, encerra en si toda a simboloxía druída: utiliza o lume para queimar as fachas e o círculo e a planicie (sobre o castro de Castelo colócanse en círculo as Fachas).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A queima desenvólvese no castro de Castelo, onde se celebra desde fai máis de 2.000 anos. Trátase dunha tradición celta da que non se ten constancia escrita, pero si se coñece que se mantivo en época romana, ata o punto de que sobreviviu ata os nosos días.

A Asociación Cultural As Fachas revitalizou e mantén viva esta festa tradicional con lume que se celebra no castro de Castelo. As fachas, feitas nas casas da parroquia cun pé de madeira e agucios, dispóñense en círculo e quéimanse, seguindo un ritual secular.

A deputada, Iria Castro, destacaba na presentación “a implicación da veciñanza en dar continuidade a esta tradición, mantendo un patrimonio que é parte da nosa identidade como pobo” e reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.

A Vicepresidencia da Deputación achega de 3.000 euros á Queima das Fachas de Castelo, unha das tres festas do lume que se conservan en Galicia, xunto coa de Vilelos, no Saviñao, e a de Castro Caldelas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...