HomeMedio ambiente e PatrimonioA muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

Iago Suárez alerta de vexetación, fendas e derrubamentos nun recinto con máis de 800 metros de perímetro, mentres Patrimonio lembra que a Xunta non é propietaria e reclama que Concello, Deputación e demais titulares impulsen as actuacións.

Publicado o

- Advertisement -

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha pregunta na que reclamou á Xunta que actúe para a conservación da muralla medieval de Monforte, da que alertou do seu “precario estado”, mentres que o director xeral de Patrimonio lembrou que este ben “non é propiedade” do Goberno autonómico e, polo tanto, calquera actuación debe iniciarse “por instancias” dos propietarios. Na súa intervención, Iago Suárez apuntou que a muralla medieval de Monforte sofre un “importante deterioro”, afectada pola vexetación, fendas e algúns derrubamentos.

Dos séculos XII e XIII, conta cun perímetro de máis de 800 metros e varias torres e portas, lembrou Iago Suárez, que apuntou que a protección deste ben leva “décadas á espera”, mentres continúa o seu “deterioro”. O deputado do BNG recoñeceu que a formación é “consciente” dos problemas de titularidade deste ben, que ten unha parte privada, outra municipal e outra custodiada por Paradores, pero pediu á Xunta que “non baixe os brazos” e “trate de solucionar” a conservación dun ben importante para a historia de Galicia. “Vós, ao primeiro, baixades os brazos”, dixo Suárez.

Na súa quenda de réplica, o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, lembrou que, efectivamente, a muralla de Monforte “non é propiedade da Xunta”, senón que “ten varios propietarios”. Miramontes é o actual director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. “Non hai ningunha porcentaxe, ningún anexo, nada que sexa propiedade da Xunta”, apostilou. Así, apelou a que as partes que ostentan a súa propiedade sexan as que traballen na “súa conservación e posta en valor” e a que, se precisan apoio autonómico, fagan “unha solicitude” á Xunta.

En concreto, mencionou a Deputación de Lugo e o propio Concello de Monforte, así como o instrumento do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte. O conxunto histórico de Monforte está declarado Ben de Interese Cultural e a área de rehabilitación abrangue o recinto intramuros e zonas próximas aos accesos da muralla. “Estaremos encantados de complementar calquera vía de actuación por parte da Deputación ou do Concello de Monforte”, rematou.

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...