HomeMedio ambiente e PatrimonioA "deseucaliptización simultánea" non chega ao sur de Lugo

A “deseucaliptización simultánea” non chega ao sur de Lugo

O colectivo a prol do bosque galego 'Cousa de Raíces' pon en marcha unha iniciativa con diversas entidades de toda a xeografía galega para frear a "invasión" de "especies exóticas" nos nosos montes.

Publicado o

- Advertisement -

A acción conxunta para combater as especies exóticas, eucalipto sobre todo, quere levarse de xeito simultáneo en toda Galicia o vindeiro 21 de marzo, “Día Mundial Forestal ou dos Bosques”. 

Algunhas entidades que xa se sumaron son Adega, as Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, a Oficina de Medio Ambiente da UDC, Amigos da Terra ou a Comunidade de Montes Veciñais de Froxán. A iniciativa está aberta á incorporación de máis persoas ou asociacións, que poderán contactar co colectivo ‘Cousa de raíces’ para anotarse e ir enchendo o que xa se coñece como “mapa da deseucaliptización”.

Polo momento non hai ninguén que se apuntase da zona sur de Lugo. O mapa e a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...