HomeMedio ambiente e PatrimonioDelito ambiental nunha canteira de Bóveda?

Delito ambiental nunha canteira de Bóveda?

A Asociación de Recicladores de Residuos de Construción e Demolición de Galicia (Arcodega) puxo en coñecemento da Fiscalía a actividade supostamente "ilegal" de recheo que estaría a cometer a empresa MV Xestión, nunha antiga canteira situada en Santa María de Bóveda.

Publicado o

- Advertisement -

Arcodega pide á Fiscalía que investigue o que consideran é “un delito ambiental e outro de prevaricación por omisión nas autoridades”, que “evitan actuar para repor a legalidade de forma reiterada”.

MV Xestión está impulsada polo colectivo empresarial de empresarios da construción e Arcodega acúsaos de estar “recepcionando e enterrando residuos industriais de todo tipo”, no que definen como un “vertedoiro ilegal”.

Segundo a Asociación, a autorización á empresa fóralle concedida no 2005 pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para xestionar os residuos procedentes de construción e demolición nas instalacións próximas á parcela do Ceao”. Pero aseguran que esa autorización tiña validez de 5 anos, con prórroga doutros 5.

SIRGA

A empresa MV Xestión figura no Sirga (Sistema de Información de Residuos de Galicia) da Xunta, para almacenamento de residuos (“excluído o almacenamento temporal, en espera de recollida, no lugar no que se produciu o residuo”), para elementos como ferro, estaño, plásticos, madeira, aluminio, vidro ou chumbo.

Tamén está recollida como autorizada para a valorización, reciclado ou recuperación doutras materias inorgánicas, como formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos ou residuos mesturados de construción e demolición. Desde a empresa aseguran que a xestión é correcta, “temos autorizacións para planta de xestión, e hai unha autorización de oco mineiro, non é un vertedoiro”, insiste o xerente, Eugenio Curral. A empresa non descarta iniciar accións xudiciais ante as repercusións que lle poderían supor estas informacións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...