HomeMovementos sociaisMonforte mobilízase en apoio á víctima da 'Manada de Manresa'

Monforte mobilízase en apoio á víctima da ‘Manada de Manresa’

A Asociación FEMforte convocou unha concentración en repulsa social á violación múltiple por parte de 7 homes adultos dunha menor de 14 anos.

Publicado o

Unhas cen persoas reuníronse onte martes, 8 de xullo, ás 20:00 diante da Casa do Concello de Monforte de Lemos para apoiar á víctima e amosar a súa indignación diante doutro caso de violación en grupo. O caso estase xulgando na Audiencia de Barcelona e está facendo arrepiar á opinión pública.
A convocatoria partía da Asociación FEMforte, sumándose ás convocatorias simultáneas que se produciron nesta xornada ao longo do Estado e de Galicia. Na nosa comunidade leváronse a cabo máis de 20 concentracións.
Veciñas e veciños de Monforte apoiando á víctima da ‘Manada de Manresa’. Foto: FEMforte
Dende FEMforte piden que o Estado Español respecte os convenios internacionais que asina en materia de dereitos humanos e que o obriga a que mulleres e nenas reciban unha maior protección. Neste senso, é imprescindible que realice cambios nas leis, que abordan problemas como as agresións sexuais e a violencia de xénero. Non pode ser que a día de hoxe o Código Penal permita que someter a unha muller mediante o uso de fármacos poda ser interpretado polo poder xudicial como abuso en lugar de categorizarse de forma inequíivoca coma unha violación.
A recente sentencia do Tribunal Supremo sobre o “caso da manada” é un avance importante ao determinar, de forma unánime e sen reparos, que o acontecido en Pamplona no 2016 foi violación en grupo e non agresión sexual, pero queda moito por facer. Mulleres xuristas aplaudiron este criterio firme do alto tribunal e entenden que é o momento de reformar o código penal na súa regulación da violación.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...