HomeMovementos sociaisTraballos de integración social para colaborar coa 'Feira Tradicional Outrora'

Traballos de integración social para colaborar coa ‘Feira Tradicional Outrora’

Usuarios e usuarias con discapacidade da Residencia DomusVi realizan unha orixinal e representativa pancarta alusiva ao evento etnográfico que terá lugar o vindeiro 14 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

O traballo realizado polos internos e internas da residencia DomusVi de Bóveda, persoas con discapacidade, forma parte das actividades colaborativas que levan a cabo con diferentes entidades e eventos. Estas accións, ademais de darlles visibilidade, serven para unha estimulación física, psíquica e intelectual de cara a mellorar a súa calidade de vida.

O número de participantes para elaborar esta fermosa faixa foi de 10 persoas que participaron activamente en todo o proceso. Segundo comenta a educadora social, “dende que se propuxo a idea anotouse quen quixo, e entre todos e todas elaborouse o deseño para confeccionar a pancarta”.

Os labores de confección realizáronse dende o departamento de Educación Social do centro e na foto que abre este artigo pódese ver o momento da entrega do traballo ao Concello de Bóveda.

A pancarta lucirá o 14 de xullo na Feira Tradicional Outrora de Rubián como mostra de colaboración e integración social das persoas que viven nesa residencia.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...