HomeMovementos sociaisNova xornada del folga no hospital de Monforte

Nova xornada del folga no hospital de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Radioloxía, Oftalmoloxía e Otorrinolaringoloxía foron as especialidades que secundaron esta nova xornada.

Na mañán de hoxe volveuse convocar unha nova xornada de folga no hospital de Monforte. As especialidades que secundaron a cita foron Radioloxía, Oftalmoloxía e Otorrinolaringoloxía. Ademais, a especialidade de ciruxía tamén anulou varias citas programadas para hoxe. Tamén acudiron cidadáns de Monforte para apoiar a causa.

Vicente Vázquez, pertencente ao sindicato da CIGA, manifesta que “no día de hoxe a folga tivo máis seguidores que na anterior convocatoria”. Tamén engade que, “estamos moi contentos. A folga está a ser moi efectiva e cada día son máis os seguidores que temos ainda que iso á xerencia do centro non parece importarlle xa que segue sen querer negociar ningún dos puntos que se planteamos”.

Manifestantes no hospital de Monforte. Fonte: CIGA

O sindicato tamén engade que “algúns especialista de radioloxía fan ás veces labores de administración, algo totalmente prohibido e que estamos planteando a opción de denuncialo”. Por outra banda, esta especialidade é que máis citas leva anuladas dende que dera comezo a folga.

manifestación en lugo

Para o venres día 11, estaba previsto que o sindicato puxera a disposición de todos os que quixeran, de modo gratuito, de un autobús que os levara ata Lugo para realizar unha concentración no Hospital Universitario Lucus Augusti. Ante este feito, Vicente declara que “no día de hoxe chamáronnos da polícia de Lugo para advertirnos de que se levamos a cabo a manifestación de mañán, ao carecer de permiso, íannos identificar e multar a todos os asistentes. Ante este feito, decidimos cambiar a data para o próximo mércores día 16. No hospital de Monforte sempre celebramos as folgas dentro do centro e nunca tivemos problema pero parece que en Lugo as cousas non funcionan da mesma forma”.

 

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...