HomeMovementos sociaisAs nenas e os nenos do Courel non irán este venres á...

As nenas e os nenos do Courel non irán este venres á escola

A decisión da Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra forma parte das accións de protesta contra o cambio nas rutas escolares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra informa que os nenos e as nenas do Courel non irán mañá ao cole. Tal xa como adiantaron estes días, quedarán na casa como medida de protesta diante da inminente contratación do transporte escolar; un transporte que reducirá o número de rutas e obrigaralles a facer desprazamentos aínda máis longos para ir e volver da escola. 

Esta folga chega despois da concentración do pasado 30 de decembro e da presentación formal dunha reclamación na Consellería de Educación e de queixas diante da Valedora do Pobo e do Defensor del Pueblo.

A acción de protesta tamén inclúe unha recollida de sinaturas que supera xa as 3.000.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...