Petición en change.org para arranxar o firme da N-120

A plataforma que serve de altofalante de queixas e peticións sociais recolle adhesións para pedir melloras desta estrada ao Ministerio de Fomento. A iniciativa parte dunha persoa particular.

N-120 dirección Quiroga, antes de Nogueira / XdL

A petición que recolle change.org, “Que arreglen el firme de la N-120 entre Ponferrada y Ourense”, vai dirixida ao Ministerio de Fomento para que se arranxe o firme desta importante vía de comunicación para o sur da provincia de Lugo.

Nestes últimos meses foron varias as peticións que se teñen feito a nivel político para dar solución aos problemas que se presentan nesta estrada de competencia estatal con moitas fochancas e un deterioro asfáltico preocupante. Diante destas reclamacións formais remitidas ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axencia Urbana, a única acción que se fixo nesta vía de comunicación foi, avanzado o mes de decembro de 2021, unha obra de mellora de sinalización e pintado de liña continua delimitando os sentidos da marcha.

N-120 desperfectos firme / C. Julio de DDQ

No texto desta petición particular sinálase que se pintou unha raia vermella central para delimitar os dous sentidos da marcha pero que a mellora do firme, pedido “en multitude de veces”, non se arranxa. “Sólo nos ponen una pintada central con doble continua y raya roja en medio, así como limitaciones en la velocidad”, di textualmente a petición, engadindo tamén que “es una carretera de más de 40 años en los que apenas se hizo algún arreglo puntual. Pero el firme lleva años sin renovarse máis que en algún que otro bache”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here