HomeMovementos sociais25N, “Chantada co benquerer”

25N, “Chantada co benquerer”

Dende o CIM de Chantada, e baixo este lema, están a desenvolver este mes de novembro diferentes actividades arredor do 25N.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o CIM de Chantada lembran que “durante todo o ano o Concello de Chantada, como non pode ser doutra maneira, está a loitar contra a violencia de xénero, violencia que adopta moitas formas, incluído o acoso sexual tanto nos espazos públicos coma privados. A violencia contra as mulleres é estrutural, é dicir non derivada de características únicas dunha serie de individuos, senón dunha forma cultural de definir as identidades e as relacións entre os homes e as mulleres”.

Din tamén que non se trata de enfrontar homes e mulleres se non de estar unidos e unidas e ter moi presente que o inimigo é “o machismo que mata”. Neste senso avogan por apostar pola prevención, por crear relacións sas e igualitarias, por romper estereotipos e, en definitiva, “polo benquerer”, lema da súa campaña deste ano. Para concienciar neste obxectivo, veñen organizando durante todo o mes de novembro actividades cos máis novos para traballar a empatía, a corresponsabilidade e a diversidade. Este pasado mércores, 23 de novembro, desenvolvéronse no Espazo Xove dous obradoiros, un de autoestima e outro artístico, e ao final fíxose unha merenda para festexar a igualdade.

Para manifestar o compromiso con este “benquerer rexeitando as violencias de xénero” repartíronse tamén carteis da campaña para que tódalas veciñas e tódolos veciños dos comercios, da hostalería, dos diferentes organismos de Chantada colocaran nos seus locais.

De cara a este venres 25 de novembro convidan a toda a veciñanza á concentración e lectura dun manifesto que terá lugar na praza do Cantón ás 13:30 h.

Cartel da campaña

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...