HomeMovementos sociaisA PLADESAPU fai balance da manifestación en defensa da sanidade pública

A PLADESAPU fai balance da manifestación en defensa da sanidade pública

A Plataforma en Defensa da Sanidade Publica da zona sur de Lugo amosa a súa satisfacción polo seguimento da mobilización e afirma que non rematou o seu traballo. "Seguimos traballando para facernos oír e reclamar o cese desta política de recortes", comentan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Publica da zona sur de Lugo (PLADESAPU) acudiu o pasado domingo día 12 de febreiro á manifestación de Santiago en defensa da sanidade publica convocada polo colectivo SOS Sanidade Pública. Chegados de Monforte, Escairón e Chantada, ademais das persoas que acudiron en vehículo particular enchéronse dous autobuses cun seguimento total da protesta, segundo a organización, que puido alcanzar as 50.000 persoas.

Despois de percorrer as rúas santiaguesas con pancartas realizadas polos compañeiros e compañeiras da plataforma con lemas como “máis persoal nos centros do rural”, “non máis recortes na área de Monforte” ou “o rural non se rende, a sanidade non se vende”; chegouse a Praza do Obradoiro onde se leu un manifesto en defensa da sanidade pública.

Este colectivo monfortino comenta que non chegou a entrar na praza polo ateigada que estaba, pero salientan que “a satisfacción dos milleiros de persoas que se uniron para alzar a voz e reclamar o dereito a unha sanidade pública digna e sen desmantelar era máis que evidente”.

A Plataforma PLADESAPU lembra que aínda non rematou o seu traballo e que seguirán traballando para facerse oír e reclamar o cese desta “política de recortes”. Na liña reivindicativa afirman así mesmo que “non esquecemos que seguimos sen rehabilitadores no hospital, véndonos na obriga de acudir aos centros privados. Faltan especialistas por cubrir, seguimos sen os médicos suficientes no Centro de Saúde tanto en Monforte como en Pantón, e por informacións que nos fixeron chegar non hai moito, pretenden eliminar dous postos de técnicos de laboratorio creados polo aumento de carga de traballo en dito servizo”.

Para quen queira unirse a eles, botar unha man nas reclamacións ou resolver calquera dubida, ofrecen o local da aula 1 da UNED, na Casa da Cultura Lois Pereiro, que estará dispoñible para reunións os mércores de 17:00 a 20:00 h.

Praza do Obradoiro na manifestación do 12 de febreiro / XdL

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...