HomeMovementos sociaisManifestación a favor de Palestina este 6 se outubro en Santiago de...

Manifestación a favor de Palestina este 6 se outubro en Santiago de Compostela

Mar de Lumes reclama unha acción simbólica de colgar unha bandeira palestina desde a Torre da Homenaxe, como xesto de solidariedade coa causa palestina e de rexeitamento ás violacións de dereitos humanos na rexión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Mar de Lumes fan un chamamento a toda a sociedade para esixir a liberdade do pobo palestino e denunciar o xenocidio que o ocupante israelí está a cometer na rexión con total impunidade.

Animan a participar na manifestación que terá lugar este domingo, 6 de outubro, ás 12:00 horas en Santiago de Compostela, “onde uniremos as nosas voces en defensa da xustiza e a liberdade”, aseguran.

Para facilitar a asistencia, poñerase ao dispor un autobús gratuíto, co seguinte itinerario:

9:00: Saída desde Quiroga, fronte ao “Quiper”.

9:30: Parada na Pobra do Brollón.

9:45: Parada en Monforte de Lemos, nas Casiñas da Compañía.

10:00: Parada en Pantón, fronte ao “París”.

10:15: Parada en Escairón, no Círculo Saviñao.

10:30: Parada en Chantada, xunto ao Cemiterio.

Para reservar praza, é necesario anotarse chamando ao 982 41 60 27 en horario de 17:00 a 20:00, ou enviando un WhatsApp ao 671 473 982 indicando nome, apelidos e lugar onde collerán o autobús. As inscricións estarán abertas ata o venres 4 de outubro ás 20:00 horas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...