HomeMovementos sociaisIniciativa solidaria en Monforte para darlle unha nova vida a bicicletas en...

Iniciativa solidaria en Monforte para darlle unha nova vida a bicicletas en desuso

A asociación Provivienda, en colaboración coa Escola de Ciclismo Ribeira Sacra, o Clube Ciclista Monforte, o Club Ciclista Torre San Vicente e o taller BiciRacing, impulsarán esta acción que busca favorecer a integración social e fomentar a mobilidade.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Provivienda, en colaboración coa Escola de Ciclismo Ribeira Sacra, o Clube Ciclista Monforte, o Club Ciclista Torre San Vicente e o taller BiciRacing, pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de bicicletas en desuso.

O obxectivo da iniciativa é dar unha segunda vida a bicicletas que xa non se usan, para doalas a persoas que as precisen como medio de transporte para acudir ao traballo, facer recados ou simplemente desfrutar do seu tempo libre. Esta acción busca tamén fomentar a mobilidade sostible e favorecer a integración social en Monforte de Lemos.

As bicicletas recollidas serán postas a punto polo equipo do taller BiciRacing, que colaborará de forma desinteresada na revisión e reparación do material. Unha vez preparadas, Provivienda encargarase da súa distribución ás persoas destinatarias.

CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN

Os promotores da iniciativa fan un chamamento á cidadanía de Monforte e da contorna para que participe nesta iniciativa doando bicicletas que xa non empreguen e que poidan ser útiles para outras persoas.

As persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 671 473 982 ou 671 941 076 para facer a súa achega ou solicitar máis información.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...