HomeOpiniónEnerxía solar fotovoltaica ou como a luz do sol nos libera dos...

Enerxía solar fotovoltaica ou como a luz do sol nos libera dos cables estafadores

Os módulos fotovoltaicos están garantidos en rendemento por 25 anos. As baterías destes sistemas superan os dez anos. É un investimento non xa para o futuro do planeta senón para o mesmo presente.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Ecocentro Natureza
- Advertisement -

Xa todos coñecedes que mediante a luz do sol pódese xerar electricidade a través dos módulos fotovoltaicos. As células de silicio converten a luz en electricidade. Pasaron anos vencendo o tradicional escepticismo de que a enerxía solar en Galicia non funcionaba porque estaba sempre chovendo. Mesmo profesionais da electricidade dicían que enerxía solar era un enganabobos.

Desde que realicei a miña primeira instalación en Galicia, hai xa 30 anos, dando subministración a unha vivenda unifamiliar illada, ata a actualidade, onde a nosa rexión é a de maior potencia fotovoltaica instalada para  autoconsumo do estado español, centos de instalacións demostran a rendibilidade deste tipo de instalacións.

Esta electricidade pódese aproveitar de varias maneiras:

  • En conexión directa cun equipo, como unha bomba dun pozo, ou un investidor de conexión a rede, deste modo a electricidade estarase a utilizar segundo se xera.
  • Almacenándoa en baterías para o seu posterior aproveitamento, xa sexa en sistemas de iluminación, ou na subministración de calquera necesidade eléctrica durante as 24 horas do día.
Instalación de enerxía solar / Manolo Díaz

A correcta e continuada subministración desde unha instalación de enerxía solar fotovoltaica, dependerá directamente dun dimensionado correcto en función dos seguintes factores:

  • Necesidades eléctricas a cubrir, tanto en potencia como en tempo de funcionamento dos consumos previstos.
  • Tempo de funcionamento durante o día dos consumos previstos e días á semana.
  • Horas de luz solar media nos meses de menor irradiación do ano. Non é o mesmo unha casiña de fin de semana onde utilizamos menos electrodomésticos, que unha vivenda permanente.

Estes factores debidamente dimensionados, dannos a base para elaborar un estudo técnico que nos permita deseñar unha instalación que garanta durante todo o ano a subministración eléctrica requirida. Esta é a clave.

Por suposto que o custo da instalación dependerá da súa dimensionado, número de módulos, capacidade do investidor e capacidade de almacenaxe en baterías. Estas poden ser sen mantemento o que as encarece respecto ás convencionais con mantemento.

En todo caso, unha instalación de enerxía solar fotovoltaica comézase a rendibilizar desde o primeiro día. Os módulos fotovoltaicos están garantidos en rendemento por 25 anos. As baterías destes sistemas superan os dez anos. É un investimento non xa para o futuro do planeta senón para o mesmo presente.

O autor do artigo poñendo en marcha unha instalación solar fotovoltaica en Asturias. Outra vivienda máis que prescinde do cable.

ÚLTIMAS

Opinión: O perdón

Existe en toda alma unha sensación de chamada, un sentimento profundo de anhelo, que...

A subdelegada do Goberno preside a Xunta de Seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

Na reunión na que estivo presente o alcalde e representantes da Garda Civil, subsector...

51.000€ para mellorar a eficiencia enerxética no Campo de Fútbol dos Medos

As melloras centráronse no sistema de auga quente sanitaria, coa colocación de bombas de...

Cortada a circulación ferroviaria entre Ourense e Monforte de Lemos

Adif asegura que persoal da compañía traballa no punto para tratar de retirar a...