HomeOpiniónCousas Xacobeas, a ponte de Sárria

Cousas Xacobeas, a ponte de Sárria

É de temer que, nin movendo Roma con Santiago, a vella Ponte de Sárria, que coñeceu a pegada do Padre Sarmiento nunha das súas viaxes a Galicia, e así a anotou no seu caderno, sexa lugar de paso no vindeiro Ano Santo.

Publicado o

POR
 Xaime Félix López Arias
- Advertisement -

Pasado o Campo do Rolo (hoxe Praza de Galicia/CEIP Frei Luis de Granada) o Camiño de Santiago, despois dun treito de 330 metros, alcanza a Ponte de Sárria, agora coñecida como Ponte Ribeira, e que nalgún tempo foi chamada Ponte Vella. Esta ponte ten a súa orixe no século XII e foi alzada para o servizo dos peregrinos varias décadas antes de que o rei de Galicia e León, Afonso IX, dese carta de fundación da Vila Nova de Sárria (Pobra de Sárria / Vila de Sárria )

O camiño, tamén coñecido como “Camiño de Castela” e “Camiño de Triacastela ” recibía pola esquerda o Camiño do Courel, que pasaba por “Vilasante do Camiño” e antes de chegar ao río había muiños que chamaron a atención de Laffi que cantou a beleza da veiguiña . Un destes muiños, o Muiño da Ponte Ribeira (Muiño de Neira ou de Solance) foi doado polos Reis Católicos a un Meiriño por eles nomeado para señorear a Fortaleza sarriá.

A Ponte Ribeira era propiedade da vila , que gozaba do previlexio de cobrar pontaxe, nas catro pontes de pedra, a pasaxeiros e traxinantes que por elas pasaban. Os peregrinos estaban exentos de pagaren esa peaxe, e todos os anos, á conta dos ingresos, o concello facía reparos.

Ponte Ribeira / turismo.gal

Hoxe a ponte presenta problemas que provocan graves perxuizos, tanto aos peregrinos como aos industriais, alumnos dos de ensino e público en xeral, e que anda na aira do baralleo entre o Concello, a Deputación, a Confederaración Hidrográfica Miño-Sil e Patrimonio, sen que se tomen determinacións  para que a Ponte de Sárria, que vai cara os seus 900 anos, volte a ser lugar de paso seguro, de maneira que aqueles que queren chegar ao Burgo medieval (A Vila) poidan facelo  polo secular camiño.

É de temer que, nin movendo Roma con Santiago, a vella Ponte de Sárria, que coñeceu a pegada do Padre Sarmiento nunha das súas viaxes a Galicia, e así a anotou no seu caderno, sexa lugar de paso no vindeiro Ano Santo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...