InicioOpiniónCousas Xacobeas: o Barrio da Ponte

Cousas Xacobeas: o Barrio da Ponte

Esta é a historia que ofrecen os dous centos de metros do Camiño Francés no Barrio da Ponte Ribeira.

Publicado o

POR
Xaime Félix López Arias
- Advertisement -

Pasada a Ponte de Sárria (agora Ponte Ribeira) o Camiño entraba no lugar da Ponte, da parroquia de Santa Mariña de Sárria. Este lugar, ata o tempo do espallamento urbano, estaba formado por tres casas, ás que nos anos 1860 se engadiu a Casa Carnicería, macelo
ou matadoiro, que supuxo a eliminación dun dos arcos da ponte medieval.

Este Barrio da Ponte, arredado das casas da vila, Cortiña Grande no medio, foi anterior á creación da Vila Nova de Sárria. Beira do río da Sárria estaba, e está, a Fonte Ribeira, punto
onde as perto de oitenta casas de Sárria podían coller auga ata 1920 porque os poucos pozos que no alto había, pola natureza pizarrosa do chan do outeiro, non daban augas potables. Tamén xunto a Ponte as lavandeiras facían o  seu labor e nas primeiras décadas do século XX o Concello fixo da outra banda do matadoiro un cómodo lavadoiro que durou poucos lustros.

A Ponte de Sárria dividía as marxes do río: augas arriba estaba a Ribeira dos Cucos e augas abaixo a Ribeira das Ameneirizas.

Na Ribeira dos Cucos, perto da presa do muíño, había unha fonte de augas ferras, que gozaba de moita sona polas virtudes curativas dese manantial e que desapareceu cando se fixo a Praia Fluvial. Esa denominación pasou a unha das familias do barrio, coñecida como a
dos Cucos da Ponte Ribeira, que como foreiros do Arcediago de Sárria, na catedral de Lugo, aproveitaban unha das propiedades de máis e mellores terras, darredor do Castriño da Ribeira, ou Os Castreliños.

Pasada a Ponte, o Camiño de Santiago presentaba dous ramais: O Camiño da Vila ou Camiño da Costa, e o Camiño de Fora, ou  Camiño da Pedreira, que á  altura da Fonte se unía ao chamado Camiño de Quiroga, que por Froián alcanzaba a Terra de Lemos.

Os peregrinos, traxinantes e viaxeiros que querían parar na Vila collían o camiño da dereita, mentres que os que non querían entrar na vila, collían o da esquerda e pola Pedreira. Os Esqueiredos e a Veiga do Pozo, seguían ata os Pasais de San Miguel, no río Celeiro, para entrar na parroquia de Barbadelo.

En 1853 coa apertura da estrada de Nadela a Quiroga, eliminaron os dous camiños en “Y grego”e sustiuíronos por unha nova corga-( A Corga da Fonte ), en perpendiciular á estrada e con entrada direita ata a vella ponte. Os espazos dos dous vellos camiños sufriron os correspondentes apresos pasando a formar parte das propiedades que hoxe coñecemos como Casa de Nullán do Barrio, e Casa de Florido ou da Botica.

Área recreativa do Chanto / turismo.gal

Na Casa do Barrio , de 1860  aos anos 1980 estivo a capela de San Roque, que albergou o sartego de don Xoán María López, a quen se deben a igrexa nova de Santa Mariña e as torres da fachada da Catedral de Lugo. Ao camiño anovado (Corga da Fonte) déronlle o nome de Rúa do Peregrino, no treito que vai dende a Rúa Benigno Quiroga (antes Rúa da Liberdade ) ata a Praza de Galicia a unha e outra beiras  do río.

O peregrino actual, seguindo a Ribeira dos Cucos augas arriba, a un cento de metros da Fonte Ribeira, pode achar acougo e lecer na Praia Fluvial do Chanto-Parque Xabier López-Acevedo, onde hai Aira de Descanso, Pavillóns de Deportes, piscinas, zona de baños no río pistas
deportivas e espazo para autocaravanas

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...