HomeOpiniónDiario da desescalada: Poderiamos desescalar dos atentandos ao planeta

Diario da desescalada: Poderiamos desescalar dos atentandos ao planeta

Mentres os humanos de todo o Planeta estiveron confinados víronse recuperacións espectaculares na Natureza. E digo eu Cando escalamos? Aquí a única escalada que houbo foi contra a vida mesma.

Publicado o

POR
Manolo Díaz
- Advertisement -

O anterior ao estado de alarma foi unha escalada constantemente acelerada de agresións ao medio ambiente, á flora e fauna do planeta, ao ser humano e ao mesmo planeta que habitamos. E estamos a desperdiciar unha gran oportunidade para que a desescalada o sexa realmente das agresións á vida no noso planeta. Cambiar os hábitos nefastos e degradantes cara ao medio era a mellor desescalada que podiamos facer.

Os gobernos de todo o mundo deberían de aproveitar esta gran oportunidade para poñer en marcha as políticas necesarias, e imprescindibles, para activar unha desescalada real dos atentados ao planeta. Quizais non volvamos ter outra oportunidade igual. O ser humano é o máis perigoso que existe na face da Terra para calquera ser vivo, tanto do reino animal como do vexetal. É o depredador máis feroz e destrutivo que poboa o Planeta Terra.

Vacas no campo Taboada / XdL

Estamos a desexar volver á “normalidade” Que normalidade, a de seguir depredando a vida no planeta?

Aqueles pioneiros do ecoloxismo, que na década dos setenta do século pasado xa puxeron o berro no ceo denunciando os excesos da humanidade, foron tachados de tolos e conspiranoicos por unha masa de humanos que xa empezaban a ser idiotizados naquela época de cambios convulsos convenientemente integrados polo sistema. Manter á humanidade ignorante e idiotizada, para o poder foi bastante fácil, ao empregar crenzas dogmáticas baseadas no culto á tortura e o pecado. E se algún se saía da norma á fogueira!

O ser humano é fráxil e de mente facilmente manipulable. Capaz ata de matar aos seus semellantes seguindo estúpidas ordes no nome de bandeiras ou credos. Ou sexa, maioritariamente imbécil. Estamos a desexar volver á “normalidade” Que normalidade, a de seguir depredando a vida no planeta? Seguir consumindo recursos e contaminando o aire, a auga e a terra? Iso non era normalidade, era anormalidade. Seguimos sen aprender, non temos remedio. Queremos volver ser o mesmo ser destrutor e derrochador de recursos que está a destruír aceleradamente a vida no planeta.

“Espertar a conciencia”

A normalidade que necesita o ser humano e o planeta é outra ben diferente. “Espertar a conciencia.” Observar os nosos actos no día a día. Un gran non fai celeiro, pero axuda ao compañeiro. Non pensemos que a nosa achega dilúese nun mar de inconsciencia. Pensemos que coa nosa achega somos como unha pinga de colorante que se expande ao noso ao redor, achegando ese pouquiño de sensatez capaz de contaxiar aos demais e darlles ese pequeno empuxón que necesitan para espertar a conciencia. Cando imos á compra de alimentos estamos a influír na saúde do Planeta. Os alimentos importados doutros continentes contribúen á deterioración ambiental do planeta.

Árbores ceo / XdL

Mesmo aínda sendo alimentos ecolóxicos, a ecoloxía perdérona polo camiño. Apoiar ao comercio local tamén é facer ecoloxía. Fomentar a mobilidade urbana sostible utilizando a bicicleta é un paso moi importante para que as cousas empecen a cambiar. Menos automóbiles nas cidades igual a menos contaminación ou, o que é o mesmo, máis saúde para os seus habitantes. Pero é a actitude individual a que vai xerar os cambios que o Planeta necesita. Non esperemos polos que gobernan, empecemos XA.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora Diario de desescalada— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de Quiroga

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os...

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas...

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....