HomeOpiniónOPINIÓN: "Matando o rural"

OPINIÓN: “Matando o rural”

"Vaia vacile que nos meteu a Xunta cando dixo que apostaba polo rural, a lexislatura do rural dicían sen poñerse colorados. Pois xa se ve co ataque frontal que lle acaban de mandar ás terras do Courel".

Publicado o

POR
Guillermo Díaz Aira
- Advertisement -

Queren liquidar, coa escusa da legalidade (da súa legalidade), o transporte escolar do colexio de Seoane. Un servizo de taxi que recolle ós cativos nas porta da casa, realizado por veciños que levan ducias de anos traballando e que no seu momento lle quitaron as castañas do lume á administración.

Un ataque frontal a un servizo de calidade e eficaz, un ataque frontal a seis familias traballadoras do courel para darlle os cartos a unha grande empresa que parece ser que ten moitos amigos. Cambian un servizo que funcionaba perfectamente ben usando furgos pequenas que se moven como Dios polas aldeas, e pensan poñer microbuses cambiando ademais as rutas por sitios imposibles.

“O tipo que fixo as novas rutas e os tempos delas debía ir ben fumado ou seguro que nunca saíu do despacho”

Serve como curiosidade que cun microbús de 15 prazas prentenden ir a Órreos (iso quería velo eu subindo) e despois baixar ata o cole pola pista de Campelo ata Moreda. Supoño que  porán unha tirolina para baixar ó bus. Resumindo, que o tipo que fixo as novas rutas e os tempos delas debía ir ben fumado ou seguro que nunca saíu do despacho.

Propoño facerlle unha aposta ós señores da Xunta; se son capaces de subir o microbús a Órreos, rousar dentro da aldea e logo baixar ó cole por Moreda e despois volver polo mesmo sitio habería que invitar ás cabezas de unto pensantes a gintonic de por vida; iso si, se non son capaces de cumprir eses plans, que dimitan e se dediquen a outra cousa porque para isto non serven.

Pretenden acabar co traballo no Courel, prexudicar ós nenos, simplemente por favorecer ós seus colegas. Queren un rural morto, calado, sen xente para que logo poidan inzar os nosos montes de eucaliptos e eólicos dos seus amigos. Non se pode calar ante tal inxustiza, hai que mobilizarse. Se fai falla ir á Xunta, e durmir alí ó raso, haberá que ir. Tampouco lles importa o Courel que ata atacan ós seus propios votantes, pouco lles importa a xente comparado con encher de cartos ós amigos.

“Queren un rural morto, calado, sen xente para que logo poidan inzar os nosos montes de eucaliptos e eólicos dos seus amigos”

Din que os taxistas actuais tamén poden presentarse ó concurso pero o que non din é que teñen que presentarse a todo o lote completo e non só do Courel co que fan que ningunha empresa pequena ou mediana teña recursos para facelo. Dan noxo, moito noxo porque están xogando co pan e a vida da xente do Courel.

Tamén digo unha cousa, teñen 42 deputados, non sei que tipo de droga nos botan na auga que mexan por nós e damos as grazas.

Veña, non  digo máis que me quento!

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...