InicioOpiniónE agora que?... cando o coronavirus entra nos fogares como un cabalo...

E agora que?… cando o coronavirus entra nos fogares como un cabalo de Troya

Atopámonos agora si inmersos nunha pandemia, semella que antes só eran novas da televisión, escóitanse opinións de toda clase que silencian e opacan a información científica. Levamos un ano asistindo ó espectáculo máis bochornoso que pode dar a humanidade, os intereses persoais, económicos, financieiros, políticos, por enriba do máis importante …A VIDA.

Publicado o

POR
Emma Rodríguez Blanco, sanitaria
- Advertisement -

Nestes momentos o virus na localidade onde resido está na sua salsa, entrou nos fogares e fíxoo como un cabalo de Troya no que máis queremos, os nosos fillos. Hai dúas semanas debutaron casos nos institutos da localidade e non se actuou, non funcionaron os protocolos se é que os hai, non existiu información ás familias dándolles a posibilidade de extremar as medidas ou incluso confinar ás suas crianzas para evitar que os avós ou persoas con patoloxías fosen contaxiadas .

Primaron as ansias do curso académico, de dar a materia que está escrita nos libros, obviando unha vez máis o momento e aprendizaxe que deberían estar adquirindo os nosos rapaces, en canto aprenden como funciona o  medo, culpabilizando ó de enfrente, o sálvese quen poida ocultando información .

Non tería sido mellor, que a información chegara ás familias, que a Consellería de Educación deixe de mirar para outro lado e asuma as responsabilidades, que se pechen os institutos, se faga corentena de 14 días, se desinfecten e outra vez ás aulas con garantías.

Un sanitario protexido con luvas sostén unha mostra para realizar unha Análise PCR nun local de Deputación de Bizkaia, onde recollen mostras de traballadores funcionarios que deron positivo en Covid-19 ou estiveron en risco de dalo. H.Bilbao – Europa Press

E agora que? 

Non tería sido mellor comportarnos como adultos responsables para ensinar ás novas xeracións responsabilidade, empatía, e sobre todo, humanidade?

Non tería sido mellor facer caso dos profesionais da saúde que levan facendo educación sanitaria dende o inicio da pandemia, ademais de deslomarse todos os días por salvarnos a vida?

Non tería sido mellor que a clase política se deixe de tanta clase e comece a estar á altura e sirva para algo máis que para xerar problemas?

Non tería sido mellor que este último ano se fixera inversión en sanidade e investigación en vez de financiar privilexios duns poucos?

E…non será  mellor que comecemos a pedir responsabilidades a quen realmente as teñen e que por fin e dunha vez por todas ….sexamos ADULTOS?

Placa tórax dun paciente afectado don neumonía por COVID19 | Foto Galys Oscar

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...