InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: O cumprimento das normas sanitarias...

Así viviamos hai un ano a pandemia: O cumprimento das normas sanitarias apoderouse das nosas vidas

As terrazas de bares e restaurantes deixan unha sensación agridoce. Por un lado alegra volvelas ver abertas e con xente, pero por outro, queda esa mágoa de ollar o interior baleiro e a distancia social que hai que gardar onde antes se socializaba. Mais é o que toca se non queremos pasar todo o verán na casa.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Diario de desescalada do 21 de maio do 2020:

Polo de agora, ben. As primeiras semanas de desescalada están deixando ver en Chantada unha actitude moito máis cívica do que se viviu noutras partes de Galicia. O emprego de máscaras é moi elevado sendo unha minoría os que non a levan posta en espazos públicos tanto pechados como abertos. Outras normas como camiñar pola marxe dereita das rúas ou usar luvas aínda non acaban de callar pero seguro que o exemplo que dan algúns terminará por guiar a case todos.

cumprimento das normas sanitarias apoderouse das nosas vidas. Tanto da dos que as respectan como da dos que non. Así, gardar cola xa se converteu nalgo asumido por todos sen maiores complicacións. Ata dá a sensación de que desapareceu esa picaresca antes tan habitual de coarse como fora. Nalgúns supermercados chegan a ser de máis de cen metros os sábados pola mañá. No resto de negocios -seguramente por cuestións de tamaño- son máis reducidas pero tamén inevitables. É a famosa nova realidade.

PASARON DOUS MESES E PARECE QUE SUCEDEU HAI ANOS

As terrazas de bares e restaurantes deixan unha sensación agridoce. Por un lado alegra volvelas ver abertas e con xente pero por outro queda esa mágoa de ollar o interior baleiro e a distancia social que hai que gardar onde antes se socializaba. Mais é o que toca se non queremos pasar todo o verán na casa. E quero destacar aquí como os hostaleiros e comerciantes de Chantada están a aplicar concienzudamente todas e cada unha das medidas de seguridade requeridas. Un aplauso para eles.

As saídas a pasear ou facer deporte poden parecer algo caóticas probablemente porque a información sobre as normas non foi demasiado clara. En todo caso, non hai constancia de sancións polo que entendo que se están a respectar os tramos horarios.

Monforte desescalada / XdL

Este é un bo lugar e momento para botar a vista atrás e reflexionar sobre o que pasou. Co bo tempo e a recuperación de certa liberdade de movementos, o corpo e a mente queren saír e gozar. Con máis forza despois das privacións. Que lonxe parecen agora o “resistiré”, o bingo nas ventás, os aplausos masivos para o persoal sanitario, o estremecemento que sentiamos cando o número de mortos e contaxiados aumentaba cada día, o prezo desorbitado das máscaras, a ausencia de alcohol e papel hixiénico nos puntos de venda…Só pasaron dous meses e parece que sucedeu hai anos. Polo camiño quedaron a semana santa e as feiras do viño, as actividades culturais e deportivas que tiñan nestes meses o seu momento de auxe ou as feiras e mercados que agora recuperaban todo o pulo.

TOCARÁ MIRAR Ó FUTURO

E, pasada esta fase inicial de desfrute do recuperado, tocará mirar ó futuro. Que vai pasar con todo o viño que non se vendeu? Como van ser, se as hai, as rebaixas? Quen poderá ir á praia? Cando se estará nos bares sen medo? De que xeito vai rematar o curso escolar e como vai afectar ós cativos, adolescentes e mozos? Cando se verán outra vez peregrinos? Volverán ser rendibles as feiras? Haberá aglomeracións de xente antes de que remate o ano? Só o tempo ten a resposta a esas e outras preguntas similares. Ainda que está claro que todo dependerá, en boa medida, da nosa actitude, das nosas accións e da responsabilidade para con nós e para cos demais que sexamos capaces de manter.

Monforte desescalada / XdL

Ollo, pois, coas predicións que escoitemos estes días sobre o que vai pasar durante e despois da desecalada. Porque no confinamento tivemos que aturar a moitos profetas que aseguraban ter advertido do que ía pasar ou de ser fieis seguidores de gurús que xa advertiran da catástrofe que se nos viña enriba. Lembremos repasar en decembro as predicións que se fagan agora.

Ah, tamén houbo cambios na linguaxe. Que a RAE e a RAG lles dean validez parece pouco probable. Mais aí están os “covidiota”, “pandemial”, “pijoflautas” e outras que foron saíndo en tertulias e memes e que se espallaron polas redes sociais. A estes neoloxismos temos que engadirlle, lamentablemente, a reaparición de “chivato”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....