HomeOpiniónOPINIÓN: Libros e territorio

OPINIÓN: Libros e territorio

"Hai literatura intimamente vinculada a un territorio, na que respiras e sintes a paisaxe a cada páxina".

Publicado o

POR
Paula Vázquez Verao
- Advertisement -

Para as nosas comarcas ribeirás temos exemplos xa abundantes de novela e poesía ambientada e radicada aquí, polo que imos comentar só algunhas das obras menos coñecidas e non por elo menos interesantes.

Tendo o Entroido recente imos comezar por Lois Diéguez, porque é un dos autores que mellor ten estudado e amado a esencia comunitaria do Entroido tradicional das comarcas da Ribeira Sacra.

A súa obra A poutada do oso (Laiovento, 2011) reivindica os valores das sociedades tradicionais e relata a reconciliación consigo mesmo dunha personaxe, Iván Marrube, que renegara das súas orixes humildes nunha aldea do Val de Lemos. A poutada do oso representa unha poutada na conciencia que Lois quere dar para reivindicar o humanismo e unha sociedade máis apegada á natureza.

Diéguez, natural de Monforte, ten nova novela (As voces amadas, Galaxia, 2023) que agardamos poder desfrutar proximamente.

Portada do libro de Lois Diéguez

La hora de las golondrinas (Ediciones Ende, 2020), de Eleonor Gil, é unha novela histórica, de aventuras e de viaxes, na que a protagonista fai un achádego extraordinario –un avión nazi estrelado na beira do río– durante as súas vacacións de Nadal en Hortás (Anllo, Sober), que a leva de aventuras por Galicia, Astorga e de viaxe a Roma, nunha historia que engancha cunha trama desenvolvida entre a época da posguerra e a actualidade.

O punto central da historia ten lugar no impresionante miradoiro da Moura, en Nogueira de Ramuín.

Los mares de la canela, de Pilar Méndez Jiménez (La Esfera de los Libros, 2020) é unha novela que se desenvolve no século XIX entre Rosende –claramente recoñécese a Casa das Señoritas– e Asia, na que unha nena de aldea percorrerá o mundo en busca da súa liberdade, dende unha zona rural na que se observa o contraste entre campesiñado e señorío. Trátase dunha novela ben ambientada histórica e territorialmente, cunha trama entretida.

Toca, el oro de la Gallaecia, de Sonia María García García (Belagua, 2017) é tamén unha ficción histórica radicada no Courel da época da romanización, entre os pactos de hospitalidade e a explotación aurífera.

Portada do libro

Quedan moitos títulos por desfrutar con marco na nosa paisaxe, dende os máis famosos como Todo esto te daré ou O souto dos catro ventos, até obras magníficas nas que a paisaxe do Val de Lemos está presente –a néboa en Herba Moura, de Teresa Moure– ou os relatos de Alma de barro, de Moncha Prieto, intimamente ligados ao noso territorio. Están tamén as estupendas novelas de Xabier Quiroga ou as propostas de Margarita Otero.

Sería interminable facer xa un listado de obras de prosa e poesía da nosa zona, por iso vos propoñemos ir aos poucos e combinar as letras coa paisaxe.

Foi unha recomendación de Paula Vázquez Verao e A Libraría da Proencia.

Varios libros a disposición na Libraría da Proencia

ÚLTIMAS

Cousas Xacobeas: O Camiño en Ortoá, Barreiros e Nabás (III)

(Este artigo dá continuidade a Cousas Xacobeas, o Camiño en Ortoá: Santa Marta (II)) Froito...

O PP destaca “os 6 millóns de euros que a Xunta investiu no Hospital de Monforte” nos últimos dous anos

Segundo as populares estas melloras evidencian "o compromiso do Goberno galego coa veciñanza do...

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria Guerrero García coa Ribeira Sacra de fondo

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria...

Esperta Monforte reclama facer un estudo das rutas de sendeirismo do municipio e acondicionalas

Segundo Esperta Monforte a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra...