HomeOpiniónRoberto Prado: A sanidade en Pantón, o PP debe asumir as súas...

Roberto Prado: A sanidade en Pantón, o PP debe asumir as súas responsabilidades

En novembro de 2021 produciuse o traslado dunha facultativa, a doutora Mareque unha doutora moi apreciada no Concello. A partir disto só dous médicos quedaron no centro de saúde do concello de Pantón.

Publicado o

POR
Roberto Prado, candidato á alcaldía polo PSOE de Pantón
- Advertisement -

Ante as protestas das/os veciñas/os, e as reclamacións dos grupos da oposición desde o Sergas empezouse a parchear a situación sen afrontar realmente e de forma seria a solución do problema e, sobre todo, mentíndolle aos cidadáns.

Pouco despois entramos no terreo das escusas que se non había médicos, que será culpa do Goberno central, que se chovía, que se facía calor,…

O último esperpento ante un “suposto plante do actual alcalde de Pantón que ameazaba con non presentarse á reelección” (leva dúas lexislaturas anunciando sempre que non vai repetir) o Sergas anunciou un médico polas tardes, primeiro 3 días por semana, logo pasou a dous e desde hai 10 días non vén ninguén.

Por respecto ás/aos veciñas/os esiximos que se diga a verdade dunha vez por todas, aínda que vistos os precedentes non é a súa forma de actuar. Que asuma a súa responsabilidade o Partido Popular e deixe de botarlle a culpa ao empedrado.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...