InicioOpiniónRosana Prieto: A dignidade do voto nun proceso electoral municipal

Rosana Prieto: A dignidade do voto nun proceso electoral municipal

No actual panorama político do rural galego a política tense convertido nunha competición obscena que só se xustifica na aritmética, e que cuantifica aos seres humanos coa única fin dunha suma. Atrás quedan as lexitimidades, os dereitos conquistados, o respecto aos semellantes, a conciencia de voto delegado toda vez que os gobernos son de representación popular, e por suposto a horizontalidade que se lle atribúe aos sistemas democráticos.

Publicado o

POR
Rosa Ana Prieto Florines, Candidata á alcaldía de Pantón polo BNG
- Advertisement -

Se falamos das prácticas e resultados electorais, é certo que “non importa” a posesión da razón, importan os votos, o que trouxo canda si a práctica de políticas caciquís que converten á poboación en números, e as eleccións nun xogo aritmético que esquece calquera tipo de valor humano, e que abre a porta a prácticas tan antidemocráticas como habituais. Poñamos que falamos de Pantón.

Hai apenas uns días que comezou a campaña electoral, o que fixo que o goberno municipal de Pantón descubrise a existencia de necesidades de mantemento que temos as que habitamos o territorio, e aínda hai quen fachendea de que han ganar porque xa levaron cemento aquí e acolá, pero non se decatan de que nos están faltando ao respecto? Non ven que o voto é segredo, e que as persoas que podemos vir detrás cremos no dereito ao mantemento do territorio, máis alá das cementadas apuradas para tapar a falta de servizos tan básicos como a auga? Como se pode defender una xestión municipal que “queimou ao redor de seis millóns de euros” e deixa como inventario un muro no Curro, un parque na feira, paseo de cubas de cemento, cambios no censo aos que nos teñen afeitos, perda de subvencións por falta de xestión, menos habitantes, menos traballo, a poboación máis vella, e máis aldeas na porta do peche.

Rosana Prieto, candidata do BNG en Pantón / BNG

E con este balance o único que se lle ocorre a este goberno é empadroar algunha xente seguir prometendo o mesmo, ao mesmos, ciscar cemento mal rematado e rozar os arredores das mesas nas que ten medo, iso si, á miña parroquia nin auga nin roza, todo porque unha veciña fixo oposición a un goberno que ten por obxectivos pechar as aldeas todas.

Nós, o bng de Pantón defendemos que “o pobo é sabio” e que o día vinte e oito, moitas persoas verán nestas prácticas un insulto á intelixencia, e na lista que se presenta a re-elección a presunción de que o fixeron ben, xa que é a mesma que presentaron hai catro anos, o que demostran que non recoñecen erros, nin perdas posibles.

O voto é parte da dignidade que temos, e ademais de segredo é a única arma real que da que dispoñemos para aprobar ou suspender a quen nos representa, a de moitas de nós non se compra cunha cuba de cemento, por iso o día 28 debíamos “querernos un pouco máis, e non aceptar cemento a cambio de bo trato e respecto porque valemos moito máis”

Rosa Ana Prieto Florines, Candidata á alcaldía de Pantón polo bng

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...