InicioOpiniónRosa Ana Prieto Florines: O domingo decidimos. Pídovos o voto para o...

Rosa Ana Prieto Florines: O domingo decidimos. Pídovos o voto para o BNG

Levamos uns días intensos na campaña das municipais en Pantón. O goberno saínte deixa tras de si un rego de despropósitos como son a perda de subvencións que van desde os 95.000€ do Plan único da Deputación ata a perda de fondos europeos como o que recibíamos para cubrir o salario do educador social, ou mesmo as axudas para o emprego en Turismo, ou os cartos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ao que podemos engadir as promesas de augas que chegan máis tarde, ou non chegan e saneamentos que promete elección tras elección e xa van dezaseis anos de promesas.

Publicado o

POR
Resa Ana Prieto Florines, candidata á alcaldía polo BNG de Pantón
- Advertisement -

Os orzamentos chegaron en Plena Campaña, e as augas dos Castillós e O Mato non están postas nin adxudicadas, precisamente pola incompetencia manifesta do mesmo goberno saínte que perde subvencións, incumpre promesas, abandona as aldeas, e aparece oito días antes con cubas de cemento, e incluso forza a visita dun vicepresidente da Xunta para tratar de tapar, o intapable, o problema é a falta de axilidade e de xestión do goberno municipal, dese mesmo que se presenta á reelección, que hai catro anos anunciou unha residencia, e agora tres, “que é a mellor maneira de regalar solares públicos e non facer ningunha” xa que logo, a nova lei de residencias vén contradicir a política da promoción inmobiliaria, e darnos a razón a quen sempre defendemos o “estado do bienestar” como sistema de vida, tamén para a vellez incluido cando non nos valemos por nós mesmas.

A humildade é sempre un valor, o recoñecemento dos erros un paso necesario e previo para a súa corrección,e a soberbia moi mala compañeira de viaxe- algo que demostra o candidato á alcaldía polo PP que presenta un equipo disfuncional, no que a toma de decisións é unipersoal, e que vén refrendar “a falta de xestión e o despifarro dos cartos públicos” ,repite lista e orde, decide en solitario, recorre unha senteza a favor das SAF que perxudica as arcas municipais, non saca os orzamentos en tempo e forma, as aldeas decubriunas en campaña e asfaltounas con fondos que lle achega a Deputación, esa á que vota a culpa ata das fochancas das pistas municipais.

Somos un pobo de xente traballadora, que chegamos ata aquí da man do traballo e a constancia, temos á fronte do concello a unha persoa que por idade e formación tería que ter cedido a testemuña hai tempo, e cuxos asesores son alleos á candidatura, dando como resultado que nos gobernan persoas que nunca se presentaron ás eleccións, e cuxo poder de decisión sobre os nosos recursos é total, nunca clara mestura do público con intereses particulares e privados e son de dubidosa ética democrática, pero que trouxeron como resultado o balance destes catro anos: Un muro no curro e un parque na feira, porque os saneamentos e traídas de augas que dan por feitas, unhas nin empezaron e as outras están sen rematar, por falta de tempo, ou mesmo de competencia do propio goberno municipal.

A democracia é o goberno do pobo. Eu adoito defender a intelixencia colectiva dos pobos, e este vindeiro 28 o pobo de Pantón elixiremos entre a solvencia ou o abandono, entre ter un modelo de concello ou seguir á “vaiche boa”, entre repetir co mesmo goberno saínte ou un grupo de persoas con formación, currículum, veciñas de diferentes parroquias do municipio, e con moito traballo tras de nós a favor de Pantón e a súa xente. Somos a formación política mellor situada para recoller o descontento de anos de mala praxe política, da falta de ética e educación no trato, na falta de xestión municipal, e sempre estivemos en todas as problemáticas de ámbito municipal, denunciamos a estalada do catastro 2,8 millóns de euros da que aínda viven hoxe as arcas municipais, apoiamos a todas as persoas, avisamos e protestamos pola falta de médico e cumpriuse o que dicía o bng, avisamos da mentira que supoñía o anuncio hai catro anos da residencia, e aínda non está hoxe aí, convocamos un Pleno extraordinario para a reposición do médico ante a parálise do alcalde e todo o PP, e levamos máis de doce anos reclamando as augas dos Castillós e O Mato, que están aprobadas despois de pedir amparo á valeduría do pobo ata en seis ocasións. Porque temos ideas novidosas e realizables para un turismo sustentable e desestacionalizado, para apoiar os sectores produtivos e en definitiva para vivir aquí

O domingo escollemos entre o descontrol actual, e a planificación, entre o oportunismo político e as obras electorais e a constancia política e social con modelo para Pantón que é a que representamos a candidatura do bng de Pantón que teño o orgullo de encabezar.

Porque sabedes quen somos e coñecedes a nosa forma de traballar, o apoio e axuda que damos ás persoas cando se nos demanda. Somos unha candidatura diversa, con formación suficiente, de todo o municipio, que combina experiencia e renovación e que sobre todo “ten a cabeza, os pés e o corazón en Pantón”, e cremos que Pantón merece máis, por iso pídovos o voto para o bng o vindeiro domingo 28 de maio.

ÚLTIMAS

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...