HomePolíticaO BNG de Quiroga estrea candidato con Xosé Manuel Fernández Montes

O BNG de Quiroga estrea candidato con Xosé Manuel Fernández Montes

O candidato, natural de Quiroga, é licencidado en Dereito. Ao fronte dos nacionalistas quirogueses, anuncia que terá como principais liñas de traballo, o desenvolvemento produtivo, impulsar Quiroga como capital xeolóxica e patrimonial, a cultura e o deporte, dando máis protagonismo á veciñanza.

Publicado o

- Advertisement -

Xosé Manuel Fernández Montes é orixinario dos Anguieiros, na parroquia de Montefurado, emigrou a Barcelona e regresou hai 12 anos. Desde entón, coñécese pola súa participación activa en actividades culturais, formativas e divulgativas no Concello de Quiroga e tamén polo seu activismo sociocultural dende a Asociación Boca do Monte.

Licenciado en Dereito, exerce de Consultor en Propiedade Intelectual e Marcas, representante e asesor xurídico de artistas así como distribuidor de espectáculos de pequeno formato. Colabora tamén como redactor e ilustrador en diferentes medios de comunicación e revistas.

A lista complétase con: Amparo Montenegro Díaz, actual concelleira do BNG, Xavier Castro Martínez, Álvaro Rodríguez González, María Carme Santos Rivera, Anxo Rodríguez Losada, Manuel Álvarez Fernández, María Luisa Díaz Castro, Xosé Luis López Blanco, María Luisa González Macía, Iria Rodríguez Macía, Xesús López Rodríguez, Iolanda Montenegro López e Xosé Estévez Rodríguez.

X.M. Fernández Montes / BNG Quiroga

As primeiras liñas de traballo coas que se presenta o BNG en Quiroga son:

  • Desenvolvemento produtivo, emprender e atraer empresas. Elaboración dun Plan de Autoemprego para fomentar a creación de empresas, de ámbito urbano e rural, en igualdade de oportunidades ofrecendo formación, incentivos tributarios e apoio profesional. Adoitar tamén unha actitude proactiva para atraer proxectos empresariais a Quiroga.
  • Quiroga capital xeolóxica e patrimonial. Implementar políticas dirixidas a un desenvolvemento económico relacionado co turismo, sostible e en harmonía co resto de axentes implicados.
  • Cultura e deporte. Reforzarase a súa atención como elementos imprescindibles para o desenvolvemento persoal e a saúde mental e física dun pobo.
  • Veciñanza protagonista. Activación da participación cidadá consultando asuntos de interese xeral a persoas e colectivos.
  • Unha Quiroga social, igualitaria e de servizos. Levar a cabo políticas sociais que combatan o empobrecemento, a discriminación e dirixidas a acadar unha igualdade efectiva.

ÚLTIMAS

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...