HomePolíticaO PP de Sober presenta a súa candidatura "para seguir traballando polo...

O PP de Sober presenta a súa candidatura “para seguir traballando polo viño e o turismo”

O PP de Sober presenta a súa candidatura. Pola súa banda, Agroma Sober abre un novo período de achegas ao programa e convoca o seu acto público de campaña para o 23 de maio.

Publicado o

- Advertisement -

O candidato á Alcaldía de Sober polo PP e actual rexedor, Luis Fernández Guitián, fixa como retos do próximo mandato seguir ampliando a rede de auga e saneamento municipais, o reforzo dos servizos sociais, o viño e o turismo. Así o afirmou na presentación da súa candidatura, “unha lista que aglutina experiencia e renovación para seguir traballando polo futuro da localidade”.

Dos dous mandatos anteriores Guitián destaca o traballo feito en materia de auga e saneamento e as axudas para a zona ARI, os esforzos para asentar poboación moza no rural, a mellora dos servizos sociais, a axuda no fogar, e o traballo en dous sectores estratéxicos: o viño e o turismo.

A Candidatura do PP de Sober intégrana os seguintes nomes:

  • 1- Luis Fernández Guitián
  • 2- Domingo López Fernández
  • 3- Sonia Fernández Martínez
  • 4- Carmen Pérez Pérez
  • 5- Abel López Fernández
  • 6- Raquel Arias Rodríguez
  • 7- Francisco Vázquez Pérez
  • 8- José Quevedo Pérez
  • 9- Beatriz Fernández Fernández
  • 10- Iván Armesto Fernández
  • 11- David Cidre Guitián

Agroma Sober

Agroma Sober anuncia que abren un novo período de achegas ao programa. As medidas urxentes para o primeiro ano de lexislatura están publicadas pódense consultar no seguinte enlace. A formación convida, ademais á cidadanía ao acto público de campaña que celebrán o xoves, 23 de maio ás 20:15 h na Casa da Cultura.

Agroma Sober

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...