HomePolíticaO PP do Saviñao presenta a súa candidatura e Podemos abre debate...

O PP do Saviñao presenta a súa candidatura e Podemos abre debate sobre a “falta de atractivo” do concello

Podemos O Saviñao anuncia que quere abrir o debate sobre a falta de atractivo económico do concello e a perda de poboación. Pola súa banda o PP ven de presentar a súa candidatura cun programa centrado, segundo sinalan, na mellora das infraestruturas, o emprego e os servizos sociais.

Publicado o

- Advertisement -

Juan Carlos Armesto encabeza a candidatura do PP no Saviñao que reúne a un total de 21 veciños e veciñas. Trátase dunha lista “continuista” que conta cos seis concelleiros que forman o actual equipo de Goberno. Aseguran os populares  que a súa candidatura reúne experiencia e renovación “está integrada por xente procedente de distintos sectores e moi vencellados ao rural”.

De cara aos vindeiros catro anos o programa electoral do PP para O Saviñao céntrase, segundo sinalan, na mellora das infraestruturas, o emprego e os servizos sociais, tendo en conta aos máis novos e prestando especial atención aos servizos no rural. Os populares do Saviñao darán a coñecer nos vindeiros días as propostas concretas aos seus veciños e veciñas.

Candidatura

  1. Juan Carlos Armesto Quiroga
  2. Joaquín González González
  3. María del Carmen Expósito González
  4. Beatriz Rois Castro
  5. Jorge Eugenio Rodríguez Álvarez
  6. José López Díaz
  7. Sonia García Rodríguez
  8. Mª Jesús Sánchez López
  9. Jorge Rodríguez Rodríguez
  10. Miguel Teijeiro Rodríguez
  11. Raquel Amorín Rodríguez

Podemos

Podemos presenta alternativas ao que consideran a falta de atractivo económico do Concello do Saviñao e perda de poboación. Califican a situación do P.I. de Escairón de estancamento e propoñen axudas públicas neste ámbito e axudas para que os empresarios poidan rendabilizar o seu negocio, así como melloras nos servizos públicos como o transporte.

Como outra vía de acción para o concello sinalan a reactiviación empresarial da horta de Seteventos. Esta planta fotovoltaica iniciada en 2008 segue inactiva en canto á produción. Podemos cre que o concello debe de implicarse e buscar alternativas para finalizar as obras, e concretar a produción de enerxía; “barallando como última opción, a recompra deste proxecto a un xusto prezo por un gran grupo enerxético.”

Seteventos / Podemos O Saviñao

Podemos O Saviñao estima necesario revitalizar tanto o turismo como o comercio local, dentro dun amplo consenso e que se reflexione sobre “a idea de tramitar a candidatura do Saviñao como municipio de interese turístico”.

Como outra pista de reflexión e vía de solución para o rural, destacan a promoción da agricultura ecolóxica. Algunha empresa do Saviñao produce viños ecolóxicos “ante a forte demanda crecente e esixente de consumidores locais, nacionais e europeos”. Segundo Podemos, este tipo de iniciativa merece trasladarse a outros tipos de bens agrícolas. Podemos O Saviñao lamenta que os alcaldes da Ribeira Sacra Ribeira Sacra non aposten máis por esta forma de produción agrícola, “coa súa necesaria concentración parcelaria para mellorar os rendementos.”

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...