InicioPolíticaO PSOE de Sarria presenta a súa candidatura e o seu programa

O PSOE de Sarria presenta a súa candidatura e o seu programa

O PSOE de Sarria presentaba este domingo a súa candidatura para as eleccións municipais, encabezada pola actual Alcaldesa, Pilar López Yáñez, que sinalou o apoio recibido nestes 4 anos pola Deputación, que destinou ao concello máis de 3 millóns de euros e lamentou que da Xunta non se tiña recibido nada.

Publicado o

- Advertisement -

A candidata estivo arroupada polo Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Secretario do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e ducias de veciños. Os socialistas sarrianos aseguran que traballaron en minoría nos executivos local, provincial e central e “sacamos ao Concello sarriano da parálise”.

Asegura a candidata e alcaldesa que ofreceron aos veciños novas prestacións públicas e desbloquearon proxectos como a ampliación do Polígono de Morelle, a construción da Ponte Ribeira, a dotación dun paso subterráneo na estación do tren que una Mazadoiro co centro de Sarria ou a rehabilitación da rúa Diego Pazos.

Segundo López Yáñez, cando chegou á alcaldía “Sarria era unha cidade sen lei” e en 4 anos asegura que sacaron ao concello da “parálise absoluta. Legalizamos a adxudicación da praza de Abastos e a concesión do Breogán, legalizamos practicamente o 100% dos vados, regularizamos os espazos públicos, elaboramos un plan de mobilidade do casco urbano que poremos en marcha nos vindeiros anos, reducimos nun 20% a débeda, xeramos 60 novos postos de traballo, puxemos en marcha a potabilizadora de augas de San Fiz de Reimóndez, remodelamos a praza da vila e a casa do Marqués, construímos unha pista de padel cuberta e estamos a facer unha pista de stake board no Chanto, iniciamos o acondicionamento de rúas ou a ampliación do cemiterio, instalamos sinalización turística para potenciar o Camiño Francés, rehabilitamos parques infantís…. E todo isto cuns orzamentos prorrogados polo intento de bloqueo por parte da oposición”.

Propostas para os vindeiros 4 anos

Renovar o PXOM, bonificacións para as construcións rurais, orzamentos que recollan a participación cidadá, máis prazas de aparcamento, eliminación de barreiras arquitectónicas, plan integral de acondicionamento de beirarrúas, cesión e rehabilitación do antigo centro de saúde, reforma da residencia de maiores, reapertura do centro médico do Oural, construción dunha gardería pública, posta en marcha da piscina climatizada municipal…

Unha lista para seguir gobernando

A candidatura socialista defínese como interxeracional e que representa aos diferentes sectores da sociedade de Sarria. As persoas que integran a lista do PSOE son María del Pilar López Yáñez, Diego López López, José Luis González Santiago José Manuel Rodríguez Losada, María Luisa López Lebon, Irasema López López, José Manuel López Torre, Nuria Díaz Dias, Jesús Vila Silvestre, María Violeta Bernardo Vázquez, Paula Vázquez Núñez, José Manuel García López, Luciano Lorenzo Pereiro, Rocio Fernández Rodríguez, Pedro José Quintana López, Lourdes Cao Castro, Pedro López López Benigno Núñez Maside, Iria Goyanes Pérez, Antonio Quiroga López, Beatriz Escudero Tomas, José Vila López.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....