HomePolíticaEmilio Sánchez, candidato do BNG, visita os barrios monfortinos

Emilio Sánchez, candidato do BNG, visita os barrios monfortinos

A campaña electoral colle velocidade e os candidatos á alcaldía de Monforte de Lemos enchen as axendas de actividades para dar a coñecer o seu programa ás veciñas e aos veciños.

Publicado o

- Advertisement -

Dentro da axenda que ten marcada Emilio Sánchez para este día 15 de maio destacan as visitas aos barrios do Hospital e Carude. Estas visitas, nas que irá sempre acompañado de xente da candidatura, servirán para falar cos veciños e veciñas trasladándolles os seus proxectos para Monforte coa entrega en man do programa de goberno e escoitando tamén as súas demandas.

A visita ao Barrio do Hospital está programada para as 11:30 h. e a visita a Carude a partir das 19.00 h.

Para última hora da tarde tamén ten previsto na axenda dous encontros con veciños e veciñas en dúas parroquias do concello. Ás 20:00 h. xuntarase coa xente da parroquia de Sindrán e ás 21:15 h. estará na parroquia de Vilamarín. Tamén estará acompañado de integrantes da candidatura e os encontros serán nos respectivos locais sociais das parroquias mencionadas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...