InicioPolíticaLuis Guitián volverá poñer o foco mediático en Sober

Luis Guitián volverá poñer o foco mediático en Sober

A Corporación Municipal de Sober volverá ser a primeira de España en constituírse coa celebración do Pleno ás 00:00 h. do día 15 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

Terceira maioría absoluta de Luis Fernández Guitián como Alcalde de Sober, e terceira vez que intentará ser o centro de atención de toda España convocando o Pleno de constitución da Corporación do seu concello para a hora en punto que dá comezo ao día 15 de xuño, día sinalado para que os concellos conformen as corporacións locais.

O ‘marketing promocional’ que practica Guitián, con bastante éxito por certo, busca sempre poñer a Sober no mapa. Esta idea, que naceu xa no seu primeiro mandato en 2011, non foi a única con repercusión mediática; tamén tiveron relevancia outras como a contratación da carpa xigante que se emprega para a Feira do Viño do Amandi, tocar en directo con Carlos Núñez nun concerto ou a actuación do grupo de música Sôber en Sober.

Fernández Guitián explica que, como nas ocasións anteriores, trátase dun feito anecdótico que fai que se fale de Sober, “dos máis de 8.100 concellos que hai en España só un é o primeiro que o fai e vai ser Sober”. E engade “son numerosas as actividades, festas e eventos que o Goberno local organiza ao longo do ano para atraer visitantes a Sober e que o Concello resulte atractivo, polo que esta é unha máis desas iniciativas coas que pretendemos poñer Sober no mapa”.

A Corporación que “empezará a traballar dende o minuto cero” o sábado estará composta por 8 concelleiros do PP, 2 de IG-Vivo e un do PSdeG-PSOE.

anécdota

A hora da convocatoria para este pleno de constitución da corporación municipal que se informou á prensa nun primeiro momento foi as 00:00 h. do día 14 pero aos poucos minutos xa se informou como correspondía, evidentemente. Un ‘lapsus’ que supoñemos se deu pensando que cómpre ter todo organizado para dar comezo ao acto protocolario a partir da medianoite do venres 14 de xuño.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...