HomePolíticaTomé agradece a confianza dos cidadáns no seu discurso de investidura

Tomé agradece a confianza dos cidadáns no seu discurso de investidura

José Tomé foi reelexido alcalde con 11 votos a favor, 4 en contra e 2 abstencións.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé, tomou posesión do seu cargo na Sesión Constitutiva da Corporación Municipal, celebrada na mediodía do sábado 15 de xuño. Tamén xuraron o seu cargo os outros 16 concelleiros do municipio. Tomé foi elixido alcalde con 11 votos a favor, 4 en contra e 2 abstencións; nunha sesión que tivo unha grande afluencia de público.

No seu discurso, Tomé tivo, en primeiro lugar, palabras de agradecemento para a súa familia, polo apoio recibido durante a campaña e na súa lexislatura anterior como alcalde, para os seus compañeiros de partido e para os cidadáns, por ter confiado nel para ocupar ese posto durante catro anos máis.

Ademais, sinalou que a súa maioría foi a máis ampla rexistrada nunhas eleccións municipais en Monforte na democracia, feito que atribuíu á súa xestión durante os catro anos anteriores. Para esta lexislatura que comeza non destacou ningunha medida, pero sinalou que a súa corporación ten a intención de seguir mellorando a trama urbana da vila. Rematou a súa intervención prometéndolle aos monfortinos que pensa continuar a traballar polo seu benestar.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...