HomePolíticaPolémica en Láncara pola expulsión do pleno de Carlos Fernández "Meilán"

Polémica en Láncara pola expulsión do pleno de Carlos Fernández “Meilán”

O Grupo Popular, do que Meilán é número dous, considera que o alcalde socialista "non estivo á altura das circunstancias".

Publicado o

- Advertisement -

No Pleno Municipal do Concello de Láncara celebrado o pasado mércores día 24, desatouse unha gran polémica coa expulsión dun dos edís do Partido Popular, Carlos Fernández “Meilán”. O alcalde, o socialista Darío Piñeiro, tomou esta decisión cando se estaba a debater sobre as axudas da Xunta para rehabilitar o camiño que leva de Cereixosas a Berselos.

Ante isto, o Partido Popular de Láncara afirmou que “en ningún caso, un arrebato deste tipo está xustificado“. O Grupo do PP amosou a súa preocupación pola dinámica dos plenos, porque aseguran que o alcalde “tamén perdeu os modais cando se lle preguntou polo bastón de mando, que custou 800 euros”.

Deste xeito, o Grupo Popular convidou ao alcalde a modificar a súa conduta e suxeriulle que na vindeira sesión plenaria “debe pedir desculpas publicamente“.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...