HomePolíticaIncendios e mala imaxe coas estradas provinciais sen desbrozar

Incendios e mala imaxe coas estradas provinciais sen desbrozar

O Grupo Provincial Popular lamenta que as estradas de titularidade provincial estean sen desbrozar ao estar abertos os procesos de contratación destes traballos a estas alturas do verán.

Publicado o

- Advertisement -

Os populares veñen denunciando desde comezos do verán o estado de abandono das marxes das estradas provinciais. Consideran que se a situación era lamentable ao comezo, nestes primeiros días de agosto “é totalmente insostible”. Esíxenlle ao presidente, que  é tamén o responsable de Vías e Obras, que tome cartas no asunto para non proxectar unha mala imaxe da provincia.

Lembran desde o PP que a falta de limpeza de maleza contribúe a aumentar o risco de posibles incendios nunha época de altas temperaturas e limita a visibilidade dos condutores podendo ser a causa de posibles accidentes de tráfico.

Segundo o PP estes retrasos xa se teñen dado en anos anteriores, o que demostra “o desleixo dos dirixentes provinciais”. Para dar solución a esta situación, os populares presentaran, no 2017, varias propostas e rogos pedindo ao equipo de goberno a axilización do procedemento de contratación das obras de desbroce e o inicio da súa execución. Lamentan que a pesar destas propostas desde o PSOE non se teña corrixido a forma de actuar o que provoca, segundo os populares, que as estradas “sexan intransitables nesta época”.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...