HomePolíticaQuen nos leva ao San Mateo?

Quen nos leva ao San Mateo?

Monforte celebra o 21 de setembro o San Mateo, a súa romería máis popular. Os romeiros requiren servizo de transporte entre A Parte e a cidade do Cabe, pero de quen é competencia? do Concello ou da Xunta? O PP asegura que non é competencia da Xunta.

Publicado o

- Advertisement -

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte, Katherinie Varela, desminte as verbas do alcalde de Monforte, José Tomé, no último pleno, onde aseguraba que é obriga da Xunta conectar a través do transporte público as parroquias co centro da cidade monfortina.

Varela explica que “a Xunta é competente no transporte interurbano, é dicir, ten competencia no transporte público que transita por varios concellos. É certo que, moitas veces, o transporte conecta diferentes parroquias de distintos termos municipais que pasan á súa vez polo centro da cidade de Monforte; pero as competencias no transporte público dentro dos límites do concello son exclusivas do Goberno local”. O PP asegura que, polo tanto, a conexión de transporte público para a romaría do San Mateo tampouco é competencia da Xunta, tal e como asegurou o alcalde.

Lembra a voceira popular que o goberno local podía ter solicitado á Xunta este servizo para o 21 de setembro, cando o Goberno galego da a coñecer o plan de rutas tanto escolares coma interurbanas. Pero non o fixo e lamenta Varela que “o señor alcalde recorra sempre á mesma arma: á de dicir que a competencia é de outras administracións, sobre todo, da Xunta”.

 

ÚLTIMAS

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...