HomePolíticaMellores tarifas para xente nova no transporte público interurbano da Xunta

Mellores tarifas para xente nova no transporte público interurbano da Xunta

Por Chantada-CUP vén de presentar propostas de mellora ao Proxecto de Orde pola que se regula a tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta da Galiza.

Publicado o

- Advertisement -

Por Chantada Cup considera que a Xunta da Galiza debería prever unha ampliación de idade para aqueles mozos e mozas que non poden cursar os seus estudos no seu lugar de residencia. Así, aseguran que se axudaría a que parte desa mocidade, especialmente a que vive no rural, se manteña vinculada a el fomentando un interior galego vivo.

Propoñen que a Xunta da Galiza contemple convenios coas Administracións locais. Dese xeito, os Concellos poderían sufragar parte dos gastos ocasionados por eses estudantes universitarios que previamos na epígrafe anterior, de forma que, dun tramo tarifario superior, se puidese pasar a un inferior ou ao plenamente de balde.

Por Chantada considera que o procedemento de reembolso da contía das viaxes previsto é confuso e pouco intuitivo para as persoas usuarias. “Coa redacción actual, sería necesario acudir a un caixeiro da entidade financeira colaboradora para solicitar o reembolso das viaxes realizadas. Cremos que sería máis áxil que aos usuarios non se lles retirase o saldo da tarxeta cando realizan unha viaxe. Deste xeito, eliminaríase a necesidade de todo o proceso anterior e a intermediación bancaria,” sinalan desde Por Chantada.

ÚLTIMAS

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...