HomePolíticaMaite Ferreiro e Efrén López, na asemblea comarcal do BNG Lugo-Sul

Maite Ferreiro e Efrén López, na asemblea comarcal do BNG Lugo-Sul

Os deputados provinciais nacionalistas visitaron esta delegación territorial para dar conta do seu traballo na Deputación de Lugo e escoitar as inquedanzas da militancia. Outro dos puntos da orde do día foi avalar a candidatura de Ana Pontón para as vindeiras eleccións autonómicas.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG Lugo-Sul celebrou este 13 de decembro unha asemblea comarcal con notable asistencia e dous temas importantes a tratar: un foi votar a candidatura de Ana Pontón de cara ás vindeiras eleccións autonómicas e o outro ter un encontro con Maite Ferreiro e con Efrén López, dous dos tres deputados/as que ten a formación nacionalista na Deputación de Lugo.

A única candidatura que se presentou nesta Comarca foi a de Ana Pontón. Estivo defendida polo chantadino Iago Suárez e foi votada por unanimidade da militancia presente no local social onde tivo lugar a asemblea.

No outro punto, relativo ao encontro con parte do grupo provincial do BNG na Deputación de Lugo -Maite Ferreiro e Efrén López-, foi interesante escoitar como estes daban conta ás/aos presentes das negociacións e actuacións que están levando a cabo estes primeiros meses de co-goberno no ente provincial. A continuación destas declaracións houbo participaron dos/das militantes con preguntas sobre aspectos concretos da gobernanza co PSdG, suxestións e traslado de necesidades da contorna para que se teñan en conta.

A visita dos deputados provinciais foi a primeira dende que están no organismo provincial e forma parte dun compromiso de visitar todas as delegacións provinciais cada certo tempo.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...