Para o PP é “lamentable que o goberno municipal non fixera as xestións adecuadas para que tal retraso nos pagos non se chegara a dar”. A portavoz popular no Concello de Monforte, Katy Varela, responsabiliza directamente ao alcalde «a media xornada», José Tomé (PSOE), desa falta de xestión.
O PP insta ao goberno municipal a adoptar medidas para garantir no futuro inmediato o funcionamento con normalidade da piscina, un servizo utilizado a diario por numerosos monfortinos.
Varela asistiu á concentración para expresar o apoio e solidariedade dos populares monfortinos aos traballadores, que teñen un par de meses sen cobrar. Segundo o PP, en setembro pasado, o pleno municipal tratou a solicitude da empresa encargada da piscina de restablecemento do equilibrio económico do contrato; “o alcalde considerou entón que aínda non era o momento de que o Concello tomase cartas no asunto directamente”.