HomePolíticaEspertaMonforte! leva a Pleno a denominación “Embarcadoiro de Doade”

EspertaMonforte! leva a Pleno a denominación “Embarcadoiro de Doade”

Farao a través dun rogo no que pide que se dea marcha atrás ao proceso de cambio polo nome de “Embarcadoiro da Deputación de Lugo-Ponte do Sil-Concello de Monforte de Lemos".

Publicado o

- Advertisement -

Segundo a formación política monfortina, na paxina web da Deputacion provincial de Lugo, no apartado de “Reservas de rutas fluviais”, xa non aparece “Embarcadoiro de Doade”, denominación que levaba vixente 30 anos sen ocasionar problema ningún e pola que é coñecida por todo o mundo ata hoxe.  No seu lugar sae xa a denominación “Embarcadoiro da Deputacion de Lugo-Ponte do Sil- Concello de Monforte de Lemos”.

Así as cousas, con este cambio na web, atopámonos que a anterior denominación segue figurando en distintos indicadores, en guías e folletos e noutras moitas webs de información turística. “O cambio vai levar á confusión e probablemente vaia crear problemas a moitos visitantes e turistas das rutas fluviais” alertan dende a formación política opositora de José Tomé no Concello de Monforte.

EspertaMonforte! entende que este cambio “non beneficia nada ao Concello de Monforte” e lembran como comparación que na propia páxina web da Deputación as rutas polo Miño conservan a súa denominación de “Embarcadoiro de Belesar pobo”, sen facer referencia ao Concello do Saviñao que é onde está localizado.

No rogo que presentarán no vindeiro Pleno solicitan ao alcalde que traslade ao presidente da Deputación de Lugo a conveniencia de manter a denominación  histórica do embarcadoiro e propoñen que esta sexa: “Embarcadoiro de Doade – Concello de Monforte de Lemos”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...