InicioPolíticaNova réplica de Camiña Sarria ao PP local

Nova réplica de Camiña Sarria ao PP local

A “Feculera” segue xerando controversia e cruce de acusacións entre o goberno local de Sarria e o principal partido da oposición.

Publicado o

- Advertisement -

Camiña Sarria sae ao paso dunha nova nota de prensa do PP sarriano e contéstalles con sorna que cómpre felicitalos porque “xa se deron conta de que o chan no cal se sitúa a ‘Feculera’ non é chan industrial, senón chan cualificado como residencial aberto”. “Déronse conta agora ou mentiron antes…”, engaden.

E todo o anterior porque os populares veñen a dicir que neste tipo de chan é posible o uso industrial porque as normas subsidiarias aplicables en Sarria recollen entre os posibles usos o “industrial compatible con vivenda”. E desta forma sería, segundo eles, posible atender a demanda de emprendedores locais para a creación de empresas no espazo que ocupa a “Feculera” terreos froito da controversia local xerada polo uso socio-cultural ao que os quere destinar o goberno actual. E insisten unha vez máis en acusar ao Concello de competencia desleal -por frear aspiracións empresariais locais-, e de cometer “fraude de lei” por non destinar a doazón recibida por un veciño aos fins para os que foi testada.

E aquí volve Camiña Sarria, no seu comunicado desta fin de semana, a interpretar como cren que corresponde o concepto deste “uso industrial compatible con vivenda”. Segundo eles, a definición da propia normativa municipal é a seguinte: “Industria compatible con vivenda.- Comprende as industrias, talleres e almacéns que utilizando instrumentos ou máquinas movidas a man, ou con motores de pequena potencia, conviven harmonicamente coa vivenda, é dicir, non transmiten molestias ao exterior, non producen ruídos, emanacións ou perigos especiais e cumpren as condicións sanitarias e hixiénicas das vivendas. Albergaranse en locais situados en planta baixa e superficie non superior a 200 metros cadrados e non produzan ruídos ao exterior superiores a 15 decibelios.”

Así as cousas, cren que o PP sarriano non pode seguir alegando que nun local de 200 metros se puidese instalar unha industria que ía contratar 60 traballadores.  Neste punto ironizan que ata aquí xa lles queda explicado aos críticos o que é un “uso industrial compatible con vivenda” e, quizais, para vindeiras entregas explicaranlles o significado de “ordenación aberta”.

Camiña Sarria remata o comunicado convidando a facer política construtiva e acusan ao PP de Sarria de “confundir facer política con facer de irmán político, e exercer de cuñados de forma contumaz”.

ÚLTIMAS

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...