HomePolíticaOs membros da manada, declarados persoas non gratas na Pobra do Brollón

Os membros da manada, declarados persoas non gratas na Pobra do Brollón

A moción para a declaración de persoas non gratas ós membros da manada saíu adiante por unanimidade.

Publicado o

- Advertisement -

No pleno municipal celebrado o día 29 de xuño, o equipo de goberno da Pobra do Brollón presentou unha moción para a declaración de persoas non gratas ós membros da manada, os cinco agresores dunha moza nas festas de San Fermín no ano 2016, que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos políticos presentes.

A moción do BNG considera que as corporacións municipais deben de dar un paso máis e poñer o seu gran de area na denuncia desta inxustiza, sumándose por iniciativa propia ó berro cidadán polo caso da manada.

Por outra banda, tamén se aprobou no pleno, o traslado do acordo plenario á representación legal dos cinco condenados e ó representante legal da vítima para que sexa coñecedora do apoio real que ten.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...