HomePolíticaIncompatibilidades en tempos de crise para o concelleiro sarriano Benjamín Escontrela

Incompatibilidades en tempos de crise para o concelleiro sarriano Benjamín Escontrela

A concelleira e portavoz do PSdeG-PSOE no Concello de Sarria, María Pilar López Yáñez, vén de presentar un escrito no rexistro do concello solicitando a súa substitución como director de A Nosa Señora do Carme, entre outros temas que atinxen a esta residencia de maiores.

Publicado o

- Advertisement -

Con data 23 de marzo entrou no rexistro do Concello de Sarria unha moción do grupo socialista na que expoñen varias circunstancias que están poñendo en risco á cidadanía, sobre todo aos maiores, e presentan ao Pleno varias propostas para darlles solución.

Entre os feitos que evidencian está a circunstancia de que o concelleiro da Área de Benestar Social, Benjamín Escontrela, compaxine este cargo coas súas responsabilidades como facultativo no PAC e Director do Organismo Autónomo da Residencia A Nosa Señora do Carme o que supón, segundo eles, “ter que acudir ás instalación da residencia co evidente perigo para a saúde dos residentes, persoas máis vulnerables a esta enfermidade. Supoñendo isto unha gran irresponsabilidade nesta situación, xa que sigue exercendo a diario unha profesión de risco”.

Neste senso tamén sinalan ao facultativo que atende aos maiores nesa residencia ao atoparse nunha posición semellante á do Sr. Escontrela porque “presta simultaneamente os seus servizos en centros de urxencias pertencentes ao SERGAS e nalgún caso en servizos estreitamente relacionados coa pandemia”.  E lembran, así mesmo, que segue sen haber nomeamento de vogais da Xunta Rectora do Organismo Autónomo deste centro asistencial o que supón que tampouco hai Xunta Rectora, “situación inusual e incluso de dubidosa legalidade” segundo expresa a socialista María del Pilar no escrito rexistrado.

Á vista destes feitos, o PSdeG-PSOE de Sarria solicita a aprobación do Pleno para que: tanto Benjamín Escontrela como o facultativo mencionado sexan substituídos de maneira provisional ata que o estado de alarma finalice e a pandemia estea controlada; se dea conta das medidas hixiénicas e sanitarias tomadas na residencia; e se proceda a nomear a todos os membros do Organismo Autónomo da Residencia Nosa Señora do Carme e convocar cando sexa posible a Xunta Rectora.

ÚLTIMAS

O Quixós volve de Portugal con 7 medallas individuais e un 3º posto por equipos

A fin de semana do 8 e 9 de febreiro tivo lugar na freguesía...

Escola de Música Moderna de Monforte: un proxecto consolidado que non para de medrar

A Escola de Música Moderna conta xa con tres centros de formación: o de...

O BNG demanda no Parlamento recursos para o Hospital de Monforte

Esta semana unha nutrida representación do Grupo Parlamentar do BNG acodía á concentración organizada...